Aberto o prazo de inscrición para as especialidades das Escolas Municipais de Música e Danza do curso 2019-2020

Monforte de Lemos, 20 de setembro de 2019. O pasado luns día 16 de setembro abriu o prazo de inscrición para as actividades tanto da Escola Municipal de Música como da Escola Municipal de Danza do Concello de Monforte de Lemos, previstas para o curso 2019/20.

Para realizar a inscrición nalgunha das especialidades ofertadas por ambas Escolas, os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10 h e as 13 h, ou en horario de tarde entre as 17 h e as 19 h. Ou ben, tamén a poden levar a cabo na sede electrónica no Concello:

https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

 

Escola Municipal de Música

As especialidades que se ofertan en Música son as seguintes:

  • Música e Movemento, para nenos e nenas de entre 4 e 5 anos.
  • Percusión: batería e percusión.
  • Percusión galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado.
  • Acordeón.
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica.
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba.

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como coa participación en grupos colectivos que se organicen na Escola Municipal de Música.

 

 

Escola Municipal de Danza

A Escola Municipal de Danza desenvolverá actividades relacionadas coa escenografía escénica aplicada á danza. En concreto, as especialidades serán:

  • Danza tradicional Galega, a partir de 5 anos.
  • Danza Contemporánea / Moderna, a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico, a partir de 5 anos.

A Escola Municipal de Danza ten por obxectivo será darlle un novo impulso a danza cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Orientando, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen. Para elo, formaranse grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza ofertadas.

 

Dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte preténdese así consolidar, con todas estas especialidades ofertadas tanto en música como en danza, unha oferta ampla e variada para estas Escolas.