Escolas Deportivas Municipais 2023-2024

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2023 - 2024

O oferta deportiva para o curso 2023 – 2024 divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

  • Actividades para nenos e nenas:
  • Golf
  • Pádel
  • Kung Fu
  • Zumba infantil

 

  • Actividades para adultos/as:
  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2023 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2024, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 20 de setembro. O 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición dase o caso de que quedan prazas vacantes, poderanse seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.

O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:

  • Actividades para nenos e nenas:
  • Golf: 18 prazas
  • Pádel: 30 prazas
  • Kung Fu: 15 prazas
  • Zumba infantil: 20 prazas

 

  • Actividades para adultos/as:
  • Ximnasia de mantemento: 80 prazas
  • Tai Chi: 40 prazas
  • Ioga: 60 prazas
  • Zumba: 20 prazas

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
  • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

 

CURSOS DE NATACIÓN E ACTIVIDADES DIRIXIDAS NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades. En total 220 prazas repartidas en 22 grupos.

Os cursos de natación organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro. Os cursos ofertados serán os seguintes:

  • Bebés: a partir de 6 meses (3 grupos)
  • Infantil: a partir de 3 anos (6 grupos)
  • Nenos/as: a partir de 6 anos (7 grupos)
  • Adultos/as: a partir de 13 anos (6 grupos)

Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45´cada unha.

Tamén se vai a ofertar ximnasia acuática (2 grupos) e aerobike (3 grupos)  cunha carga horaria semanal de 2 clases de 45´.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na piscina municipal poderano facer a partir das seguintes datas:

  • Socios/as da piscina: a partir do 20 de setembro
  • Non socios/as da piscina: a partir do 25 de setembro

 

PROBA DE NIVEL:

Os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 h. levaranse a cabo as probas de nivel co fin de que os interesados/as se matriculen no curso correspondente co seu nivel de natación. É recomendable que os/as interesados/as en matricularse nalgún curso de natación realicen con anterioridade a proba de nivel.

Todas as persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas no piscina poderano facer acudindo ao propio centro ou a través do tfno. 982 402 646 ou do correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es

ARQUIVOS DE DESCARGA:

Composición de grupos Escola Municipal de Pádel Curso 2023-2024

Listado de persoas admitidas e lista de Agarda Escolas Deportivas Municipais Curso 2023-2024

Díptico 2023-2024

Formulario de Inscrición 2023-2024

Normas de inscrición e desenvolvemento Escolas Deportivas 2023-2024

Cursos Piscina Municipal 2023-2024