Ruta 2

Nesta ocasión a opción escolleita é a cidade de Monforte de Lemos, o viño e a paisaxe de vértixe dos socalcos. Tras almorzar en Monforte e achegarnos a ver o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, o Colexio Nosa Señora da Antiga, o Museo das Clarisas e/ou dar un paseo pola zona vella da cidade e/ou á beira do río Cabe, achegámonos ao Centro do Viño da Ribeira Sacra para irnos mergullando nun conto de heroes.

Ruta para facer en coche. 48 km. 1 hora 7 minutos.Mirador do Duque

O noso seguinte destino é Amandi cunha parada no Miradoiro do Duque, ao que chegamos desde a estrada de Castro Caldelas. Desde este miradoiro temos unha imaxe fantástica do Sil e da zona de viñedo en socalcos.

Logo duns viños o noso destino é o clube náutico no Sil, desde onde iniciar rutas en catamarán que nos ofrecerán unha visión diferente destas ladeiras de lenda.

 Máis información rutas en catamarán

No traxecto entre Doade e o embarcadoiro, podemos facer unha parada no camiño, no miradoiro de Soutochao para observar con calma como aquí se nos debuxa unha paisaxe única no mundo.

 Máis información miradoiros

De volta a Doade dirixímonos cara Sober, aquí temos dúas opcións, seguir a ruta dos miradoiros deste municipio, con novas perspectivas do Sil desde o alto ou achegarnos a descubrir todos os segredos da cerámica de Gundivós, característica desta zona, pola elaboración en torno baixo manual e pola cor negra das súas pezas, que se consegue ao pasalas polo lume. Un proceso que paga a pena ver. Estamos xa preparad@s para regresar a Monforte.