Monforte cidade

07/06/2020 A cidade de Monforte de Lemos é un núcleo urbano acolledor e fácilmente abarcable para facer a pé, onde podes atopar todos os servizos que necesitas para gozar da túa estancia connosco. Estás na capital da Ribeira Sacra, o lugar perfecto desde o que coñecer o románico e a cultura do viño asociada a estas terras. Ademais Monforte é a historia do ferrocarril en Galicia (Sé de Muferga), o Monte de San Vicente (Castro Dactonio) dominando o val, os Escolapios (Colexio de Nosa Señora da Antiga) coñecido como o Escorial galego comandando a Compañía, un dos mellores museos de arte sacro da península (Museo das Clarisas), é viño e xente amable, é tradición e un pasado esplendoroso asociado a nomes como o VII Conde de Lemos ou o Cardeal Rodrigo de Castro.

Un plan perfecto é camiñar a cidade, achegarse ata o río Cabe coa súa Ponte Vella e dar un paseo polo Malécon, sentarse na Praza de Españae visitar barrios míticos como a Estación ou Carude.

O audiovisual “Monforte cidade” fainos un percorrido pola cidade do Cabe. Visitámola?

Ver o audiovisual

Coñece máis dos lugares de interese do concello de Monforte de Lemos na web de turismo do concello 

Para estar ao día de toda a actividade do Concello de Monforte de Lemos, séguenos en Facebook

Busto Cardeal