O director monfortino, Dani De La Torre, presenta o día 15 en Monforte, La sombra de la ley

11/10/2018 La sombra de la ley, dirixida polo monfortino Dani De La Torre, estréase este xoves día 11 en cines. Nos Multicines Hollywood de Monforte poderase ver a película por primeira vez na sesión das 17.45 horas, as seguintes sesións serán segundo horario do cine. O día 15 ás 20.15 na sala 3 de Multicines Hollywood, Dani De La Torre, presentará a película para o seu público.

O pregoeiro das Festas Patronais de Monforte do 2016 rodou as últimas escenas do filme na cidade do Cabe. Rematábase a rodaxe en Monforte o 4 de setembro do pasado ano. La sombra de la ley, protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner, é unha película de gánsters ambientada na Barcelona dos anos 20, pero a maxia do cine fai que moitas das escenas se grabaran en Galicia.  Rodouse en máis de 80 decorados naturais e interiores, contando coa colaboración de concellos como o de Monforte de Lemos, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela ou A Coruña.

En Monforte de Lemos os escenarios escollidos  para rodar foron a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, a cuxa grabación corresponde a fotografía da portada; as instalacións da cerámica O Castelo e o  interior dun bar da praza dos Chaos.

Desde o concello de Monforte agradécese a vontade de Dani De La Torre e o equipo da película de recoller en imaxes diferentes escenarios da cidade do Cabe e desexa unha longa carreira de éxitos á La sombra de la ley.