Monforte ensalza a artesanía do 3 ao 7 de agosto

26/7/2019 O sábado, día 3 de agosto, comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello, como antesala perfecta ás Festas Patronais, contará nesta XXI edición con 29 postos. O horario da mostra será de11.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 23.00 h. entre o 3 e o 7 de agosto.

Artelemos ten á vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, ao tempo que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.

Os diferentes stands amosarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestaría, complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas. Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade.

A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo e obradoiros para cativos/as. Na xornada do día 4 contarase cunha Xuntanza de Palilleiras, promovida dende a Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, coa participación de Palilleiras de Sarria e Quiroga. 

Programación 21ª Mostra Artelemos 2019

Sábado 3: 

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:30 H.-Inauguración Oficial

12:00 a 14:00h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López González.

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as.  Artesá: Otilia Arias García

23:00 h.- Peche de Stands de venda

Domingo 4: 

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:00 a 14:00 h.- Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

23:00 h.- Peche de Stands de venda

Luns 5:    

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich

23:00 h.- Peche de Stands de venda

Martes 6:

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:30 a 14:00h.- Obradoiro de cestaría para nenos/as.  Artesá: Paqui Abeledo

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

18:30 a 21:00 h.- Demostración dunha peza de lá fieltrada.  Artesá: Pilar Gonda

23:00 h.- Peche de Stands de venda

Mércores 7:        

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias

22:00 h.- Peche 21ª Mostra Artelemos 2019

Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, convida a veciños e visitantes a participar desta proposta de lecer que ten como obxectivo tamén, fomentar a interxeracionalidade, “queremos que Artelemos sexa unha Feira actual, interxeracional, e intentamos acercar á poboación máis nova os valores do traballo feito a man e dunha identidade que queremos sumar como promoción turística do noso rural e da nosa Ribeira Sacra.”

Toda a información de Artelemos na web municipal

Segue as novidades no noso Facebook