Mercando en Monforte

20/01/2020 A cidade do Cabe é o núcleo de maior poboación e de máis servizos na Ribeira Sacra. Ademais de contar coa estación de tren, a estación de autobuses, o Hospital Comarcal, centro de saúde, centros de ensino, instalacións deportivas e numerosos espazos culturais e de lecer; a cidade dispón dunha variada oferta comercial.

Configurada como zona aberta, os comercios distribúense polas rúas máis céntricas da cidade, chegando tamén a todos os barrios. Monforte conta cun comercio atractivo, coa satisfacción que ofrece pasear e gozar dunha zona aberta, especialmente no casco histórico.

tempada de rebaixas é unha época perfecta para achegarse ao comercio local e contribuir a dinamizar a economía da cidade, podendo atopar todo o que se busca, ben a través de novos espazos modernos ou de tendas tradicionais con todo o ambiente que lles dá o paso do tempo.

Un paseo por Monforte para gozar coas compras ben se pode completar cunha parada nos bares e cafeterías da cidade para degustar as típicas tapas regadas con viños da D.O. Ribeira Sacra

Comercio e hostalería de Monforte poden contribuír ao tempo de lecer nestes días de inverno, mentres a cidade se prepara para celebrar o Entroido, que comeza o día 13 de febreiro co Xoves de Compadres e se prolongará ata o 26 de febreiro con Enterro da Sardiña.