Monforte e o seu pasado sefardí

31/01/2020 O Concello de Monforte resaltou en Fitur o valor da cidade en torno á súa herdanza sefardí e deuse a coñecer a impronta que a comunidade xudía deixou na cidade, a nivel artístico e cultural. Monforte de Lemos forma parte da Rede de Xuderías de España, xunto con dous concellos galegos máis, Ribadavia e Tui.

Monforte de Lemos é un claro exemplo da pervivencia da cultura xudía ata moito tempo despois do Decreto dos Reis Católicos. Encadrada no corazón da Ribeira Sacra, da que é capital, a cidade distribúese ao redor dun vello baluarte militar, símbolo do señorío dos Condes de Lemos, protectores ao longo dos séculos dunha comunidade xudía. 

Os xudeus de Monforte viviron en diferentes zonas de ámbito hebreo, a alxama gozou durante séculos dun alto nivel de convivencia cos seus veciños. Abandonada no século XVI como consecuencia da estabilidade achegada ao territorio polos Reis Católicos, a vella Monforte, o “monte forte” construído no alto do cerro de San Vicente, foi baixando aos poucos cara ás beiras do Cabe, deixando sepultado un trazo da historia na que os xudeus foron protagonistas de excepción. 

Desde as crípticas estrelas da Torre da Homenaxe ata o rastro das antigas casas xudías en rúas como a Falagueira, Zapaterías ou Pescaderías, todo en Monforte fálanos do seu pasado medieval. Tamén os trabuleiros”, pequenos mostradores desde os que os comerciantes despachaban a súa mercadoría na Idade Media, símbolo hoxe dunha vila próspera e comercial. O a casa dos Gaibor, familia de adiñeirados conversos. Tamén a fermosa escena da circuncisión xudía de Jesús, labrada por Francisco de Moure no Colexio da Compañía, monumental edificio, coñecido como o Escorial galego. 

No 2019, o Concello de Monforte rende homenaxe a todas as familias xudías e conversas que viviron na cidade, colocando un monólito e plantando unha oliveira. Rúas e prazas cheas de sabor e de misterio, cuxa visita se amplía cara á praza de España ou ao conxunto de casas de Abelardo Baanante, todo baixo o sinal desta Sacra Ribeira, marcada polo ancestral carácter amigable do viño. 

O Concello levou a Fitur un vídeo sobre o pasado xudeo de Monforte. Podes acceder ao vídeo desde aquí.

Máis información sobre Monforte na Rede de Xuderías de España

Cárcel vieja