4/04/2022 A fin de semana de Semana Santa, Monforte retoma a súa Feira Medieval despois de dous anos de ausencia pola pandemia. A cidade vístese de Medievo e durante dous días, monfortin@s e visitantes pasean as rúas e prazas da cidade participando das diferentes actividades.
Monforte rememora así unha das épocas de maior esplendor da cidade da que dá mostra o Castelo de San Vicente coa súa Torre da Homenaxe comandando o Val de Lemos.
A Feira Medieval de Monforte é cita indispensable para gozar da Semana Santa na Ribeira Sacra. O Concello de Monforte leva anos adicando esforzo e atención a esta cita que quere converter en Festa de Interese Turístico e que ano a ano amplía as súas propostas lúdicas e de lecer.
Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e prazas, sucedéndose os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais, torneos, hípica… Toda a cidade convértese nun decorado de época, destacando como escearios principais a Praza de España onde se instala o Campamento Medieval, o adro da Régoa e as rúas da zona vella cos seus postos e os balcóns decorados ou a contorna dos Escolapios onde se desenvolven as Xustas Medievais.
Todo convida a facer unha viaxe ao pasado e fai de Monforte unha cidade medieval digna de visitar e gozar. O programa do actos é o seguinte:
- 10:00 a 21:00h (días 16 e 17) MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.ac
- ACTUACIÓNS DE RÚA (días 16 e 17)
- CAMPAMENTO MEDIEVAL (días 16 e 17) na Praza de España 10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
- OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS (día 16) 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h. (Fabricación de Cota de Malla /Labores téxtiles, confección de indumentaria histórica / Scriptorium –escritura e técnicas de ilustración sobre pergamiño / Exhibición de oficios artesanais –Forxa de armas e utensilios, talla de madeira)
- ADESTRAMENTO MILITAR /PRÁCTICAS DE ESGRIMA /MURO DE ESCUDOS (días 16 e 17) 19:00 a 20:00h
- EXPOSICIÓN, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPIÑA –CETRARÍA (días 16 e 17) coa agrupación “Halconeros de Castilla”. 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h / Praza de Santo Antonio. Con espetáculos de vooás 13:00 e 17:00
- CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (días 16 e 17) na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas. 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h. Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
- MOSTRA EXPOSICIÓN AVÍCOLA (días 16 e 17) –razas de aves- da agrupación “Avicultores Artesanais da Ribeira Sacra”. 11:00 a 20:00h, na praciña que dá ás rúas Ricardo Quiroga, do Burato e Pescaderías.
- PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO (días 16 e 17) no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos 11:30 a 14:30 e de 17:00h a 20:30h.
- 12:00h (día 16) na praza España o grupo Malatich informará do que acontecerá durante esta fin de semana. A continuación farase o SAÚDA do Alcalde que rematará cunha salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV.
- 13:30h (día 17) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Himnodium polas rúas e prazas da Feira.
- 13:30h Comida Medieval no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos (días 16 e 17) Reserva con antelación. (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es).
- 16:30h (día 16) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Himnodium polas rúas e prazas da Feira.
- 16:30h (día 16) Concentración na Praza España dos participantes no IX Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado no estrado da Feira co Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi e Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
- 17:30h (día 16) Entrega de premios do IX Concurso de Traxes Medievais, do VI Concurso de Decoración de Balcóns e do VII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros no estrado da Feira na Praza España.
- 18:00h (días 16 e 17) VI XUSTAS MEDIEVAIS, Os cabaleiros, escudeiros e soldados de Hípica Celta realizarán un -GRAN TORNEO MEDIEVAL no campo de terra do Colexio PP. Escolapios.
- 20:00 (días 16 y 17) Desfile do GRAN DRAGÓN xunto co grupo Himnodium polas rúas da feira dende a praza de España.
- 20:15h (día 16) Espectáculo ERRANTES da compañía Troula. Seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos levarannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias O Orlock, dende a praza de España e polas rúas da feira.
- 20:30 (día 16) Representación de As Nosas Fadas, espectáculo acrobático e estático da compañía Especialistas Hípica Celta, animarán esta tarde do medievo na praza España.
- 20:30h (días 16 e 17) Cea Medieval no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos – Reserva con antelación. (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es).
- 21:00h (día 16) Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores cos grupos de música medieval Malatich e Grimorium, xunto coa batucada Tabaleiros.
- 21:30h (día 16) Na praza Luis de Góngora espectáculo SUAREN BATAILA, espectáculo que combina técnicas de manipulación de lume, música ao vivo, a acrobacia, a maxia e a pirotecnia fría, dando como resultado un mundo misterioso e apaixonante como é o dos trasnos e das meigas.
- 22:15h (día 16) Praza Luis de Góngora soltaranse FAROLIÑOS que encherán de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.
Exposición: Monforte Medieval-Torre Homenaxe. Mañá: 10:00h–14:00h/Tarde: 16:30–20:30
Puntos de Información: Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6) e Pavillón da Feira Medieval (Praza de España).