6/06/2025 O Festival desenvolverase como vén sendo habitual, na contorna do malecón. Unha das novidades deste ano, será a presentación dos Tokens, fichas personalizadas como forma de pago, que substitúen os habituais selos que se atopaban á venda nos stands de recepción. No pórtico de entrada engadiuse retroiluminación e acceso para seguir sendo utilizado como espazo de photocall.
Os horarios do Festival son os seguintes:
- O venres 4 de xullo de 19;00h a 01:00h
- O sábado 5 de xullo, de 11:00h a 15:00h e de 19:00h a 01:00h
- O domingo 6, de 11:00h a 15:00h e de a 00:00h
Ó longo do Festival haberá diferentes tótems inforhativos co programa de actividades para que o visitante poda seguir cada unha das actividades nos diferentes horarios. Disponse de wi-fi gratuíta en todo o recinto.
As 30 adegas participantes nesta sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, constitúen unha mostra de todas as subzonas da DO Ribeira Sacra: A Man de Prado, Aba Solleira, Abadía da Cova, Adega Vella, Albaredos-Hobbs, Algueira, Alma das Donas, Alouviño, Asolagados, Cividade, Condado de Sequeiras, Corzoás, Cruceiro, Don Bernardino, EDV, Finca Cuarta, Finca Míllara, Galanteiro, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Ohmio, Petrón, Peza do Rei, Proencia, Regina Viarum, Tear, Tolo do Xisto, Viña Vella.
Ademais, o Festival contará cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños. Este ano serán un total de 12 participantes, repartidos por todo o recinto, e ofrecerán produtos da zona, dende queixos, postos de xamón, xeados artesáns, panaderías, ata racións máis elaboradas feitas por restaurantes de Monforte de Lemos.

O Paseo do Malecón acollerá 3 actuacións musicais os días 4 e 5 de xullo. O venres 4 de xullo, terá lugar a ianuguración oficial, que abrirá coa actuación do Grupo Searas ás 20:30. Ás 20:45 h., terán lugar as intervencións institucionais do Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e do Pregoeiro, que este ano será osé Luis Iravedra, Presidente da Asociación Cultural e Gastronómica “O Tizón”. Ese mesmo día ás 11 da noite, actuará Lucía Pérez. O sábado 5 de xullo ás 23:00 h., será a quenda dun grupo musical galego, A Banda da Loba.
Na programación contarase con dous obradoiros de cata: O sábado 5 de xullo, de 11:30 a 13:00 h., terá lugar o obradoiro “Descobre: Castes senlleiras da Ribeira Sacra” a cargo de Carlota Iglesias, membro da Asociación Galega de Sumilleres. O domingo 6 de xullo, no mesmo horario, celebrarase o obradoiro sensorial “O sabor do viño coa Música” a cargo do sumiller Suso Soneira acompañado do grupo musical Amalia & Manuel.
O 5 de xullo haberá Masterclass a cargo de Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy. Ás 13:30 a 15:00h baixo o título “Na procura das viñas centenarias da Ribeira Sacra”.
Todos os obradoiros e masterclass son gratuítos e faranse na zona acondicionada como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. Pero como o número máximo que poden participar en cada un deles é de 35 persoas, é necesario facer reserva previa no teléfono 611 96 32 05 ou no e-mail festivalmonforte@gmail.com.
O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte contará coas habituais actividades infantís na zona acondicionada á beira do Cabe. O sábado 5, de 12:30 a 13:30, terá lugar o Contacontos a cargo de Anxo Moure. E de 19:30 a 20:30 h. Pintacaras a cargo de Velaísca Animación. O domingo 6, de 12:30 a 14:00 h. un Obradoiro de olería tradicional da Ribeira Sacra a cargo de Figulus. E de 19:30 a 20:30 h. Teatro de papel impartido por Tarabelos.

Vinorutas polo Sil e o Miño
Todas as Viñorutas partirán do Parque dos Condes, onde nun microbús un guía profesional guiará a actividade, sendo necesario facer reserva previa no teléfono 611 96 32 05 ou no e-mail festivalmonforte@gmail.com.
A Vinoruta do Sil, “A Ribeira do Sil e os seus viños” terá lugar o sábado 5 de xullo, con saída ás 15:30 h. Visitaranse varias adegas nas que se poderá participar e desfrutar de catas, concretamente a Adega Algueira na parroquia de Francos e a Adega Cruceiro na parroquia de Vilachá, para partir cara ao embarcadoiro de Ponte do Sil e facer un percorrido polo Cañón do Sil e coñecer a súa espectacular viticultura de montaña.
O domingo 6 de xullo, a Vinoruta do Miño, “A Ribeira do Miño e os seus viños” permitirá coñecer a ribeira do Miño en Zodiac. Saíndo ás 9:30 h. de Monforte, comezará cun percorrido en zodiac para coñecer os viñedos en bancais desta viticultura de montaña. Farase unha parada na Fervenza de Augacaída. Seguidamente está prevista unha visita á adega Abadía da Cova. Dende alí partirase cara ao concello veciño de Pantón para realizar unha divertida actividade coa empresa O Segredo do Monxe onde se catarán 6 viños, varios deles a cegas.
