Museos

MUSEOS

 

 Accede ao vídeo Monforte Museos

 

 

MUSEO DE ARTE SACRO DAS NAIS CLARISAS Sen dúbida, este é o museo máis destacado da cidade debido ao enorme valor da colección que acolle e que está considerada como unha das máis importantes de España. O convento foi fundado no século XVII polos VII Condes de Lemos, que doaron a súa colección particular composta por obras españolas e italianas. Na actualidade, no convento viven ás monxas de clausura da Orde das Franciscanas Descalzas.

Accede á web

 A colección de arte italiana dos VII Condes de Lemos

Visitas libres, previa reserva. Contacto: 606 548 044. Tarifa: 5€.

 

 

PINACOTECA DOS ESCOLAPIOS  Aínda que non de grande tamaño, esta pinacoteca destaca polo valor das obras que garda. Entre outras, hai dúas obras do Greco: a Aparición da Virxe co Neno a San Lourenzo, e Frei León meditando sobre a morte. Tamén cinco táboas de Andrea del Sarto, dúas óleas da escola compostelana e un retrato de Francisco Pacheco.

Accede á web

Martes a Viernes: 17:15. Sábado 11:00, 12:45, 17:15. Domingo: 12:45. Reserva previa. Contacto: 982 404 715.Tarifa: 4,50€

 

 

 

PAZO DE TOR Para coñecer como era a vida nos pazos, a visita a Tor é obrigada, xa que é un dos poucos en Galicia que conservan todo o seu mobiliario e obxectos. De feito a colección de mobles do Pazo de Tor é casi única en Europa. Aínda que a súa orixe se remonta ao século XIV, o edificio é do XVIII, de estilo barroco, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico. O edificio complétase con celeiros, adega, forno, cocheiras e cabalerizas e as vivendas dos criados.

Accede á web

Martes a Domingo: 11:00, 12:30, 16:30, 18:00. Previa reserva. Contacto: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org Tarifa: Gratuita.

 

 

 

PAZO MOLINOS DE ANTERO A súa función fundamental era a de centro de recadación das rendas do tabaco e outros impostos para a Corte; por este motivo, a casa tiña e conserva parte dun enxeñoso sistema de seguridade. O edificio é orixinal e distínguese doutros pazos galegos por unha característica arquitectura afrancesada e unha decoración pictórica italianizante dos seus cuartos. As paredes da casa e da capela interior conservan pinturas do artista monfortino Castinande.

Pechado ata novo aviso.

 

 

CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA Este edificio construído en 1583 como hospital, logo de varias reformas e usos, entre eles o de Casa Consitorial, convertéuse nun dos grandes atractivos de Monforte, xa que no ano 2009 pasou a ser a sé do Centro do Viño da Ribeira Sacra. Conta cunha magnífica exposición que achega aos visitantes os segredos do viño e da Ribeira Sacra, sala de catas, tapería e unha espléndida tenda na que pode atopar os viños que se colleitan nesta D.O.

Ver vídeo. 

Accede á web

Horarios de visitas ao Centro do Viño: Todos os días ás 12.30 e 18.00

 

 

MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA A historia de Monforte estará para sempre vinculada ao tren. Desde que en 1883, o rei Afonso XII inaugura a liña Madrid - A Coruña, o tren converteu a cidade nun importante nó ferroviario. Pero, desde mediados do século XX, Monforte perdeu este rango, agora acolle o Museo do Ferrocarril de Galicia onde facer unha viaxe ao pasado desde locomotoras e vagóns de época.

Accede á web

Pechado ata novo aviso.

 

 

 

MUSEO CASAS DE MUÑECAS Museo de artesanía en miniaturas creado por Francisco e Josela onde tamén se imparten cursos e talleres para o traballo a escala 1:12.

Praza da Estación s/n. Teléfono: 982 40 36 77

Accede á nosa páxina de Facebook

Martes a Sábado: 11:00-18.00. Domingos: 11:00-14:00. Previa reserva. Contacto: 654 014 397 / 671 951 274. Tarifa: 5€.

 

MUSEO LODEIRO Museo adicado a enorme obra do escultor Darío Lodeiro. Escultura en madeira.

Rúa Armando Cotarelo, 7. Tlfno: 982 40 22 52. 699 40 86 22

Accede á web

Pechado ata novo aviso.