25 Mostra Artelemos do 1 ao 6 de agosto

27/07/2025 O venres, 1 de agosto, comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello como antesala ás Festas Patronais. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 22.00 h.

Artelemos ten a vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, á vez que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.

Os diferentes stands, 35 nesta ocasión, mostrarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestería, complementos de moda, marroquinería, madeira e lousa, cerámica, obxectos de decoración, xoiería, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas.

Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo, terán lugar de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e talleres ás 12 e ás 19 horas para os que é necesario anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello no espazo da mostra.

Programación

Venres 1

  • 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
  • 19:00 –  Inauguración da 25ª Mostra Artelemos.
  • 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.

Sábado 2

  • 12:00 a 14:00 – Obradoiro de impresión téxtil “Hapa Zome”. Elaboración dunha mochila de loneta. Artesá: Luisa Mosquera.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de impresión téxtil “Hapa Zome”. Elaboración dunha mochila de loneta. Artesá: Luisa Mosquera.

Domingo 3

  • 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dunha pulseira personalizada. Artesá: Lucía Casado.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dunha pulseira personalizada. Artesá: Lucía Casado.

Luns 4

  • 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Cestaría para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez
  • 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Cestaría. Público a partir de 14 anos. Artesá: Luisa Martínez.

Martes 5

  • 12:00 a 14:00 – Obradoiro de elaboración dun portarretrato decorado de cartón. Artesá: Noel Pérez.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de elaboración dun portarretrato decorado de cartón. Artesá: Noel Pérez.

Mércores 6

  • 12:00 a 14:00 – Demostración en directo da técnica Needle Felting en lá. Artesá: María Monsalve.
  • 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
  • 19:00 a 21:00 – Demostración en directo da técnica Nuno Felting en fieltrado de lá. Artesá: María Monsalve.
  • 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.