Un Nadal para gozar de Monforte de Lemos: Programa de actividades 2025-26

11/12/2025 Monforte de Lemos vístese de Nadal para despedir o 2025 e recibir con ilusión o 2026. Os monumentos e principais espazos da cidade gozan de ambientación para levar o espírito do Nadal a toda a cidade.

Na sala de exposicións da Casa da Cultura cóntase co Belén galego de J. Antonio Dávila, que estará en exposición ata o 9 de xaneiro. E a Asociación Albores decora de Nadal, un ano máis, o vestíbulo da Casa do Concello.

Na fin de semana do 20 e 21 de decembro, a Praza de Abastos acolle o Mercado de Nadal. Contarase tamén con actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.Programación Nadal 2025

Concertos, teatro e espectáculos

  • 18 de decembro, ás 18:00h, no Edificio Multiusos 25ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino.
  • 19 de decembro ás 20:00h, no Edificio Multiusos, Festival Nadal 2025 a cargo do Conservatorio Municipal
  • 20 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura, o grupo de teatro Viraventos representará O boleto.
  • 23 de decembro ás 18:00h na Casa da Cultura, teatro infantil. Lalá Teatro representará Nadal en prácticas.
  • 26 de decembro ás 18:00h na Casa da Cultura, teatro infantil. Títeres Cachirulo porá en escea O ladrón de xoguetes
  • 26 de decembro, ás 20:30h, na rúa Cardeal, Concertos de Nadal con Deloreans
  • 27 de decembro ás 19:00h, Concerto de Corais Nadal 2025, na Casa da Cultura coa actuación da Coral Polifónica de Chantada e da Coral Polifónica Concello de Monforte.
  • 29 de decembro, ás 20:00h, na Casa da Cultura recital lírico da Sociedade Filarmónica de Monforte
  • 30 de decembro, ás 18:00h na Casa da Cultura, espectáculo infantil con María Faltri e A Fantasía do Nadal
  • 2 de xaneiro, ás 20:00h na Casa da Cultura, espectáculo de humor con Pepe Suevos e Á caída
  • 2 de xaneiro, ás 20:30h, na rúa Cardeal, Concertos de Nadal con Malenne
  • 3 de xaneiro, ás 19:00h., no Edificio Multiusos, Concerto de Ano Novo que correrá a cargo da Kv2211 de Vigo. Organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte.

Cabalgata de Reis

Un dos días máis agardados será o luns, 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:25 horas. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio. Un pouco máis tarde, ás 19:30 h.,  as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.

Desde o concello desexan que monfortinos e visitantes vivan con alegría e ilusión estas festas, que esperan contribúan a dinamizar os sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo.