23/03/2026 A Feira Medieval de Monforte de Lemos é cita indispensable para gozar da Semana Santa na Ribeira Sacra. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e prazas, sucedéndose os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais, torneos, hípica… Toda a cidade é decorado de época, destacando como escenarios principais a Praza de España onde se instala o Campamento Medieval, o adro da Régoa e as rúas da zona vella cos seus postos e os balcóns decorados ou a contorna dos Escolapios onde se desenvolven as Xustas Medievais.
Todo convida a facer unha viaxe ao pasado e fai de Monforte unha cidade medieval digna de visitar e gozar. O programa do actos é o seguinte:
-
10:00 a 21:00h (días 4 e 5) MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.
-
ACTUACIÓNS DE RÚA (días 4 e 5)
-
CAMPAMENTO MEDIEVAL (días 4 e 5) na Praza de España 10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
-
OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS (días 4 e 5) 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h. (Fabricación de Cota de Malla /Labores téxtiles, confección de indumentaria histórica / Scriptorium –escritura e técnicas de ilustración sobre pergamiño / Exhibición de oficios artesanais –Forxa de armas e utensilios, talla de madeira)
-
EXPOSICIÓN, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPIÑA –CETRARÍA (días 4 e 5) coa agrupación "Falcóns Galicia”. 11:00 a 14:00h e de 16:15 a 20:30h / Praza de San Antonio.
-
CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (días 4 e 5) na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas. 11:00 a 14:00h e de 16:15 a 20:30h. Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
-
PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO (días 4 e 5) no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos 11:00 a 13:00 e de 16:00h a 18:00h.
-
12:00h (día 4) na praza España terá lugar o SAÚDA do Alcalde que rematará cunha salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV.
-
Ás 12:00 e ás 17:00h Grupo de tambores, bunfóns e trobadores medievais desfilarán polas rúas e prazas da Feira.
-
16:30h (día 4) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Edena Ruth polas rúas e prazas da Feira.
-
18:00h (día 4) X XUSTAS MEDIEVAIS, Os cabaleiros, escudeiros e soldados de Hípica Celta realizarán un -GRAN TORNEO MEDIEVAL no campo de terra do Colexio PP. Escolapios.
-
20:00h (día 4) Desfile do Gran Dragón xunto co grupo Turdión polas rúas da feira dende a praza de España.

-
20:30h (día 4) Espectáculo de rúa Errantes
-
20:45h (día 4) Concerto de música medieval do grupo Turdión na Praza de España
-
21:00h (día 4) Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores co grupo de música medieval Turdión xunto co grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula
-
21:30h (día 4) Na praza Luis de Góngora terá lugar o espectáculo Dende arriba, acrobacias aéreas en teas de gran formato para rematar con fogos de artificio.
-
22:15h (día 4) Praza Luis de Góngora soltaranse FAROLIÑOS que encherán de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
-
19.00h (día 5) Entrega de premios dos concursos da Feira Medieval na Praza de España.
MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.
Puntos de Información: Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6) e Pavillón da Feira Medieval (Praza de España).
-Vídeo oficial neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=lQZlCdgHDlE
