9/06/2026 O Festival desenvolverase como vén sendo habitual, na contorna do Malecón durante os días 3, 4 e 5 de xullo. Os horarios do Festival son os seguintes:
- O venres 3 de xullo de 19;00h a 01:00h
- O sábado 4 de xullo, de 11:00h a 15:00h e de 19:00h a 01:00h
- O domingo 5 de 11:00h a 15:00h e de a 00:00h
Ás 20.30h inaugurarase a cita coa actuación de Xograres de Lemos e farase a lectura do pregón por conta o enxeñeiro agrónomo, “Cuqui Silva”, cunha importante traxectoria na política agraria europea. Ás 23:00h será o concerto da Roda, un dos grupos máis emblemáticos da música popular galega, con case cinco décadas de traxectoria difundindo a cultura tradicional de Galicia. O sábado 4 de xullo, tamén ás 23.00 horas, será a quenda de Galifunk, banda galega que fusiona funk, rock, pop e ritmos festivos cunha proposta dinámica e chea de enerxía.
Nesta edición participarán un total de 27 adegas adheridas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, representando as diferentes subzonas do territorio. As adegas participantes nesta edición son: A Man de Prado, Abadía da Cova, Aborixe, Adega Vella, Algueira, Alma das Donas, Alouviño, Asolagados, Caneiro, Casa Moreiras, Cividade, Condado de Sequeiras, Corzoás, Cruceiro, Don Bernardino, Guímaro, Gullufre, Lingua Loaira, Lucenza, Malcavada, Ohmio, Petrón, Peza do Rei, Regina Viarum, Saiñas, Tear e Val da Lenda.
Para contribuir a acompañar a degustación dos viños, o Festival contará cunha Zona de Gastronomía ccon 12 postos repartidos pola feira que ofrecerán produtos da zona como queixos, xamón, xeados artesáns, panaderías, ou racións máis elaboradas por parte da restauración. Os participantes desta edición serán Queixo Negro Buleri, Lácteos Ribeira Sacra, Quesos MonteCeo, Embutidos Valentina, Tres Fuciños Porco Celta, Xamóns D. Francisco, Xamóns Roberto, Xeados Xeou, Panadería Tuiriz, Panadería La Luna, Restaurante La Table d’Arnaud e Restaurante El Hórreo.
Contarase con catas e actividades formativas arredor do viño. O sábado 4 de xullo, de 11.30 a 13.00 horas, celebrarase o obradoiro “Mesma linguaxe, distinta paisaxe”, dirixido pola sumiller Mariña Fernández Toro, membro da Asociación Galega de Sumilleres. O domingo, 5 de xullo, no mesmo horario, o sumiller Suso Soneira impartirá “Unha cata, 5 sentidos”. Como unha das grandes novidades desta edición, o sábado 4 terá lugar tamén a masterclass “Entre Rochas e Viñas: o Esquisto na Copa”, impartida por Jonas Tofterup, Master of Wine e fundador de Iberian Wine Academy. A sesión estenderase de 13.30 a 15.00 horas.
O Festival contará novamente cunha programación específica para o público infantil, cun espazo acondicionado á beira do río Cabe no que se desenvolverán contacontos, obradoiros, títeres e actividades creativas.

A programación completarase coas tradicionais ViñoRutas, unha das actividades máis demandadas do Festival, que permitirán descubrir a viticultura heroica da Ribeira Sacra directamente no territorio.
O sábado 4 desenvolverase a ViñoRuta do Sil “Viñas que nacen do Sil”, que incluirá visitas ás adegas Algueira e Adega Vella, ademais dun percorrido en catamarán polo Canón do Sil.
O domingo 5 terá lugar a ViñoRuta do Miño “Entre o Miño e a vide”, con percorrido en zodiac, visita á fervenza de Augacaída, parada na adega Casa Moreiras e unha cata especial organizada por O Segredo do Monxe
Pulseiras solidarias e tarifas
Como novidade desta edición, o Festival contará cunha iniciativa solidaria a través da venda de pulseiras benéficas de tea cun deseño exclusivo do evento. O 50% da recadación obtida coa venda de cada pulseira, que terá un prezo simbólico de 1 euro, destinarase a unha asociación benéfica de Monforte.
O Pack Festival, que inclúe copa, portacopa e un token, manterá o seu prezo de 3 euros. O Festival introduce unha pequena modificación no prezo dos tokens, que pasarán de 2 a 2,50 euros e estableceranse dous tipos de consumicións:
- 1 token para viños novos tintos e brancos.
- 2 tokens para viños barrica e outras anadas.
