26 Mostra Artelemos do 3 ao 8 de agosto

03/08/2026 Este luns, 3 de agosto, deu comezo na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello como antesala ás Festas Patronais. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h.

Artelemos ten a vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, á vez que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.

Os diferentes stands, 32 nesta ocasión, mostrarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestería, complementos de moda, marroquinería, madeira e lousa, cerámica, obxectos de decoración, xoiería, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas.

Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo, terán lugar de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e talleres ás 12 e ás 19 horas para os que é necesario anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello no espazo da mostra.

PROGRAMACIÓN XXVI MOSTRA ARTELEMOS 2026

Luns 3:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 - Inauguración da XXVI Mostra Artelemos.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro de Cestería para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez.
  • 12:00 a 14:00 - Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro de Cestería para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez
  • 22:00 - Peche dos stands.

Martes 4:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.
  • 12:00 a 14:00 - Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra Figulus. Artesán: Tomás López.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.
  • 19:00 a 21:00 - Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra Figulus. Artesán: Tomás López.
  • 22:00 - Peche dos stands.

Mércores 5:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro de Coiro. Elaboración dun colgante de pez fantástico. Artesá: Lucía Casado.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro de Coiro. Elaboración dun colgante de pez fantástico. Artesá: Lucía Casado.
  • 22:00 - Peche dos stands.

Xoves 6:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro con fieltro de lá e puntadas de bordado a man. Artesá: Luisa Mosquera.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30- Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro con fieltro de lá e puntadas de bordado a man. Artesá: Luisa Mosquera.
  • 22:00 - Peche dos stands.

Venres 7:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 a 12:00- Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
  • 22:00 - Peche dos stands.

Sábado 8:

  • 10:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 11:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro da técnica Needle Felting (feltrado con agulla en seco). Creación dun chaveiro. Artesá: María Monsalve.
  • 12:00 a 14:00 - Obradoiro de modelado e pintura píntega. Creación dun Lagarto Arnau. Artesán: Noel Pérez.
  • 18:00 - Apertura dos stands de venda.
  • 18:30 - Inscrición nos obradoiros con artesáns.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro da técnica Needle Felting (feltrado con agulla en seco). Creación dun chaveiro. Artesá: María Monsalve.
  • 19:00 a 21:00 - Obradoiro de modelado e pintura píntega. Creación dun Lagarto Arnau. Artesán: Noel Pérez.
  • 22:00 - Peche dos stands