Festas Patronais de Monforte de Lemos, días 11 e 12 de agosto

10/08/2025 Do 11 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas Festas Patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe son sempre un referente na provincia pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son gratuítos. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.

Como é habitual as actuacións terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. As Festas deste ano terán como pregoeiro ao empresario, José Manuel Rodríguez Fernández. O pregón será o día 11 a partir das 20.30 diante da casa consistorial.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 11 e 12 de agosto.

Martes, día 11 de agosto

  • 20:30 h. Pregón, a cargo de D. José Manuel Rodríguez Fernández, na Casa do Concello.
  • 21:00 h. Lanzamento do foguete que anuncia o inicio das Festas, desde o Campo de San Antonio.
  • 21:00 h. Inauguración da iluminación artística.
  • 22:30 h. Concerto na Praza de España. DE VACAS.

Mércores, día 12 de agosto

  • 12:00 h. Alboradas polo centro da cidade co Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos, acompañados por Xigantes e Cabezudos.
  • 13.00 h. XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’. Circo Activo. Praza de España.
  • 22:30 h. Gaitucada Aikirindo, na Praza de España.
  • 23:00 h. Orquestra Olympus, na praza da Compañía
  • 00:00 h. RÁFAGA, na praza da Compañía
  • 01:30 h. Orquestra Olympus, na praza da Compañía

O resto da programación no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.