10/08/2026 O día 15 de agosto celebramos o día grande das Festas Patronais, o día da Patroa, a Virxe de Montserrat. As autoridades acompañadas da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte diríxense da Praza de San Antonio á igrexa de San Vicente para celebrar a misa, cantada pola coral municipal, e ofrenda floral á Patroa da cidade.
San Vicente do Pino, un dos emblemas da cidade, convértese en protagonista a media noite acollendo os tradicionais fogos artificiais. A noite do día grande, Monforte énchese de luz e festa, que atrae cada ano a numerosos visitantes dispostos a ver o espectáculo que ilumina o Mosteiro de San Vicente e a súa Torre da Homenaxe.
E se a imaxe da noite do 15 está feita para quedar gravada na memoria, o mesmo acontece coa da noite do 16 en que se celebran os fogos artificiais de auga. Ás 00.00 da noite, o Cabe, a carón da Ponte Vella, acolle esta cita que congrega a centos de persoas para gozar das mesturas que a luz fai coa auga.
A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 15 e 16 de agosto.
Sábado, día 15 de agosto. Día da Patroa:
- 10:00 h. Lanzamento de bombas de palenque.
- 11:00 h. Misa e ofrenda floral á Virxe de Montserrat, na Igrexa de San Vicente do Pino.
- 11:30 h. DÍA DO GAITEIRO. Alboradas con grupos de gaiteiros. Saída desde a praza de España e percorrido por diferentes rúas.
- 13:30 h. Concentración dos grupos tradicionais no centro urbano e actuacións ata ás 15:00 h. en diferentes espazos (Praza de Abastos, Praza Doutor Goyanes, centro da cidade, rúa Hermida Balado, Praza de España, avenida de Galicia-taxis, Praza dos Chaos e rúa Cardeal).
- 20:30 h. Mostra de Danza e Música Tradicional, na praza de España.
- 22.30 h. Doc Magoo’s, na praza da Compañía.
- 00:00 h. Fogos Artificiais dende San Vicente
- 00:30 h.- WALLS, na praza da Compañía.
- 02:00 h. Malenne, na praza da Compañía.
Domingo, día 16 de agosto:
- 12:00 h. XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’. Animar-T. Rúa Cardeal.
- 13.00 h. XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’. Francis Zafrilla. Praza de España.
- 19.00 h. XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’. Animar-T. Rúa Cardeal.
- 20.00 h. XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’. Francis Zafrilla. Praza de España.
- 20:30 h. Batucada Baturruca. Desde Rioseco e barrio da Estación, rúas Calvo Sotelo e Roberto Baamonde, ata o centro da cidade.
- 20.30 h. Os Xograres de Lemos. Pasarrúas desde os barrios de A Pinguela e Carude ata o centro da cidade.
- 22:00 h. Grupo América de Vigo, na praza da Compañía.
- 00:00 h. Fogos Artificiais desde o río Cabe.
- 00:30 h. PANORAMA, na praza da Compañía.
- 02:30 h. Grupo América de Vigo, na praza da Compañía.
- 03:30 h. PANORAMA, na praza da Compañía.
