Festas Patronais de Monforte de Lemos, días 11 e 12 de agosto

08/08/2025 Do 11 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas Festas Patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe son sempre un referente na provincia pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son gratuítos. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.

Como é habitual as actuacións terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. As Festas deste ano terán como pregoeira a Dona Manuela Sáez González, Doutora en Xeografía e Historia e a maior investigadora mundial do VII Conde de Lemos. O pregón será o día 11 a partir das 20.30 diante da casa consistorial.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 11 e 12 de agosto.

Luns, día 11 de agosto

  • 20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS a cargo de Manuela Sáez
  • 21:00h LANZAMENTO DO FOGUETE que anuncia o inicio das Festas. Campo de San Antonio. 
  • 21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA
  • 22:30 h CONCERTO DE A RODA na Praza de España. 

Martes, día 12 de agosto

  • 13:00 h XI FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: TXYMINIGAGUA na Praza de España acrobacias e danza.
  • 20:00 h XI FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: TXYMINIGAGUA na Praza de España acrobacias e danza.
  • 20:30 GRUPO DE BATUCADA OS XOGRARES DE LEMOS, amenización desde o barrio de San Antonio ata o centro da cidade.
  • 22:30 h VELADA MUSICAL DO GRUPO AMÉRICA DE VIGO, na Compañía.
  • 22:30 h CONCERTO ORQUESTRA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO MESTRE IBÁÑEZ DO CONCELLO DE MONFORTE, na Praza de España.
  • 00:00 h CONCERTO PANORAMA, na Compañía.
  • 02:00 h CONCERTO AMÉRICA DE VIGO, na Compañía

O resto da programación no Programa das Festas 2025 e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.