Feira do Libro de Monforte

21/08/2018 A rúa Cardenal acolle unha nova edición da Feira do libro de Monforte que se inaugurará o día 22 ás 19.00 h. coa actuación da Banda de Gaitas de Monforte e o pregón por conta do escritor Lois Diéguez. Ás 20.30 presentarase Museo Pazo de Tor. Guía Ilustrada, de Fernando Arribas e Antonio...

Monforte de Lemos, máis aló da cidade

17/08/2018 A cidade de Monforte de Lemos ten recursos patrimoniais e propostas culturais e de lecer para garantir que o visitante se manteña ocupado e entretido, pero a oferta turística da cidade amósanos outra cara de diferente beleza no resto do termo municipal.     O audiovisual “Máis aló da...

Monforte Monumental

    14/08/2018 Monforte de Lemos é unha cidade cada vez máis visitada, por ser o punto central desde o que moverse cara o resto da Ribeira Sacra e por acoller recursos monumentais de primeira orde. Monforte ao lonxe é fácilmente recoñecible polo perfil que lle outorga o monte de San Vicente co seu...

Festas Patronais de Monforte do 11 ao 16 de agosto

  07/08/2018 Previo ás Festas Patronais desenvólvense as seguintes actuacións:   Mércores 8 de agosto ás 22.30 h. na Praza de España. Actuación do Escobar Monfortino, Varela Xoves 9 de agosto ás 22.30  h. na Praza de España. Mago Lamas - Gala de Maxia (Actividade do programa CULTURA NO CAMIÑO , da...

Monforte vístese de artesanía entre o 3 e o 7 de agosto

02/08/2018 Este venres día 3 comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo concello contará este ano con 27 postos (complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, coiro, olería de Gundivós, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría...

Monforte é música. Festival 17º Ribeira Sacra

  24/07/2018 O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición despois do éxito colleitado na primeira experiencia do 2017. Nesta ocasión amplíase a programación a dúas fins de semana, do 27 ao 29 de xullo e os días 4 e 5 de agosto. As actividades do festival distribúense por distintos...

Horario para visitar o Museo de Arte Sacro

16/07/2018 O Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas atópase no convento de Santa Clara, fundado a mediados do século XVII por Catalina de la Cerda y Sandoval, esposa do VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. O museo é un dos máis importantes de Monforte.  A colección acolle esculturas,...

A fin de semana no Festival do Viño

  05/07/2018 O Festival do Viño da Ribeira Sacra abrirase o sábado coa ViñoRuta do Miño, “Camiñando entre viñas” que sairá ás 9.30 do Parque dos Condes. @s participantes visitarán unha adega no Cabo do Mundo na que terán cata comentada e achegaranse ao viñedo, coñecerán tamén o Pazo de Arxeriz, a...

Comeza o Festival do Viño da Ribeira Sacra

05/07/2018 O Paseo do Malecón de Monforte acolle desde o venres 6 de xullo ata o día 8 o “Festival do Viño da Ribeira Sacra". A cita organizada polo Concello de Monforte de Lemos e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra inaugurarase o día 6 ás 19.00 h. Se ben a apertura dos...

Vive Monforte

  02/07/2018 Acabamos de comezar a tempada alta de verán e Monforte quere volver a ser un centro de cultura, música e turismo nesta época estival, como xa o fora o pasado ano. Un 2017 no que se rexistrou a maior afluencia de visitantes dos últimos anos á cidade do Cabe. Para ir abrindo boca...