Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Centos de persoas visitaron o Centro Cívico Social do Malecón |
A cidadanía de Monforte asistiu en gran número á inauguración do Centro Cívico Social do Malecón. Foron moitas as persoas que visitaron as instalacións e que participaron no acto que se desenvolveu ás oito do serán.
|
07/02/2015 | Noticias histórico |
A recollida selectiva medrou un 17 % no 2014 en Monforte |
Durante o ano 2014 o Concello de Monforte xestionou a recollida e tratamento de 1.009 toneladas métricas (Tm) de residuos reciclables, 146 Tm máis que no ano 2013 (863 Tm), o que supón un incremento do 17 % neste tipo de recollida.
|
15/02/2015 | Noticias histórico |
Pilar López anuncia inminentes obras de eliminación de barreiras arquitectónicas en oito rúas da cidade |
A concelleira de Benestar Social, Pilar López, acompañada dun representante da asociación Auxilia, Emilio Nieves, mostrou a súa satisfacción polo comezo inmediato de obras de accesibilidade en 8 rúas da cidade.
|
25/02/2015 | Noticias histórico |
O Concello executará obras de mellora de pistas e camiños cun orzamento de 185.000 euros |
O alcalde presentou obras de rexeneración do firme de pistas e camiños en diversas parroquias, actuacións que se van iniciar nas vindeiras datas con fondos do PEIM e tamén con fondos propios do Concello.
|
26/02/2015 | Noticias histórico |
A Axencia Tributaria de Monforte non contará co servizo de asesoramento ós emigrantes retornados |
O grupo de goberno denunciou a discriminación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) con Monforte, ó respecto do servizo para a devolución das sancións e intereses que tiña cobrado ós emigrantes retornados.
|
28/02/2015 | Noticias histórico |