Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
A Concelleira de Promoción Económica presenta a avaliación dos Mercados de Agosto adicados á Ribeira Sacra |
Os mercados de agosto rexistraron un aumento moi significativo na afluencia de visitantes con respecto ao dos últimos meses. Asemade o feito de estar dedicados aos produtos da Ribeira Sacra os 4 fins de semana, servíu de incentivo para que clientes locais e, en especial, turistas acudisen. |
11/09/2013 | Noticias histórico |
O corte de auga que afectará ó casco urbano realizarase na noite do día 25 de setembro |
O alcalde compareceu hoxe en rolda de prensa para comunicar que o corte de auga que afectará a todo o casco urbano, motivado polas obras de mellora nos depósitos de San Vicente, realizarase entre as 22:00 h. do mércores día 25 e as 9:00 h. do xoves día 26 de setembro.
|
20/09/2013 | Noticias histórico |
Reciclaxe de ordenadores con destino a familias con dificultades económicas |
A concellería de Benestar Social do Concello de Monforte de Lemos, en colaboración co IES Pinguela, levarán a cabo un proxecto de recollida, reciclaxe e doazón de equipos informáticos ás familias con fillos e fillas con dificultades económicas da localidade.
|
25/09/2013 | Noticias histórico |