
Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da adxudicación das obras de mellora do Parque Doctor López Suárez, situado na rúa do mesmo nome, no entorno do Cuartel da Garda Civil. Así o acordou a Xunta de Goberno Local na sesión deste luns, 23 de febreiro, que deu luz verde á proposta da empresa Calfensa Proyectos SL, que executará os traballos por un importe de 60.353,11€. O prazo de execución é de 1 mes dende a sinatura da acta de replanteo.
O contrato recolle as actuacións de mellora de todos os paseos desta zona verde no barrio do Morín, que dispón dun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para persoas de todas as idades e unha pista cuberta para a práctica deportiva.
O proxecto consiste na rexeneración do firme dos paseos do parque. Contémplase, para elo, a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se puxo no Parque da Gardería ou no paseo da Ponte Nova.
O Alcalde, José Tomé Roca, indica que o estado actual dos paseos do Parque Doctor López Suárez é deficiente nalgunhas zonas, “polo que faise precisa unha actuación que, sen dúbida, mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”.
Traballos previstos
Os paseos contemplados nesta actuación forman parte da rede viaria do Concello de Monforte e teñen unha loxintude total de 331 metros, cun ancho medio de 3,15 m e unha superficie de 1.043m2 no conxunto. O paseo actual do parque é de terreo natural, compactado, polo que se procederá á súa pavimentación con formigón semipulido en cor terra.
Tal e como recolle o proxecto, é necesaria a apertura de caixa, para a posterior colocación do firme de formigón de 15cm de espesor. Previamente, procederase ao levantado da solera existente nos tres accesos desde a rúa. Colocaranse tamén dous tramos de bordo de formigón nas zonas nas que non existen actualmente.
Ademais, e debido a que a meirande parte dos paseos nos que se prevé actuar xa teñen un bordillo de formigón perimetral, o novo pavimento enrasarase o que sexa posible co bordillo para evitar encharcadas.
Este proxecto, apunta o Alcalde, “da continuidade ao programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende 2015, e que suporá unha mellora moi significativa neste parque”.