As Xornadas de Saúde e o Obradoiro de Mecánica centran a actividade do CIM

As V Xornadas de Prevención da Saúde na Muller centrarán mañá as actividades que se desenvolven dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.

 

Mañá impartirase a segunda charla destas xornadas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes aspectos relacionados coa saúde na muller.

 

Este xoves día 22 de marzo,ás 20:00 horas no Salón de Actosda  Casa

da Cultura ofrecerase a conferencia:

 

“Fibromialxia: Aspectos médicos, familiares e laborais”, impartida

polo Dr. Victor Quevedo Vila, da Unidade de Reumatoloxía do Hospital

de Monforte de Lemos e por Dª. Mª Dolores Bermúdez Vázquez,

Presidenta de AGAFI.

 

 

Por outra banda e continuando coas actividades do programa deseñado dende o CIMco gallo da conmemoración do 8 de marzo, quince mulleres de Monforte participarán hoxe no Obradoiro de Mecánica Básicapara Automóbil, realizado grazas á colaboración de Autos Lemos, S.L., empresa que cedeu desinteresadamente as súas instalacións e á que pertencen os profesionais que impartirán os coñecementos sobre mecánica, Luis Iglesias e Martín Taboada.

 

A clase práctica sobre mecánica, de dúas horas de duración, versará sobre aspectos como o control do nivel de líquidos, a identificación dos dispositivos de alarmas interiores, a apertura do capó, o cambio de rodas, ou a maneira de arrancar un vehículo utilizando pinzas.

 

Esta actividade xa se realizou o pasado mércorese, debido á elevada demanda de prazas, ten continuidade hoxe coa participación dun novo grupo de mulleres da cidade.

 

Este obradoiro espertou interese máis alá do concello de Monforte, motivo polo cal un equipo do programa “Gente”, da primeira canle de TVE, fará unha reportaxe en directo que se emitirá en toda España

  

Archivos Adjuntos: