6 Prazas de Auxiliar, pertencentes á escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, polo procedemento de oposición libre

6 Prazas de Auxiliar, pertencentes á escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, polo procedemento de oposición libre

Nota do Tribunal:

1º.- Ó abeiro da base 11.7.3.-  O Tribunal publica  a efectos informativos, as listas de aprobados/as de cada exercicio. Os/as aspirantes poderán formular alegacións ou reclamacións ás mesmas no prazo de 3 días hábiles desde o seguinte á publicación. A resolución destas  reclamacións  farase pública entendéndose desestimadas todas aquelas non  incluídas nela.

2º.- Os aspirantes que superaron o primeiro exercicio, que figuran no listado como aptos ( 25 puntos ou máis), quedan convocados para o próximo exercicio o vindeiro 9 de xullo ás 10:00 no Edificio Multiusos, sito na Ronda Emilia Casas Baamonde s/n que consistirá na resolución dos supostos prácticos que o tribunal determine relacionados coas materias do programa que figura no Anexo e as funcións encomendadas á praza á que se opta. Valorarase, principalmente,  a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos expostos, o coñecemento e adecuada explicación e aplicación da normativa aplicable, a sistemática na formulación, e a formulación de conclusións.

Este exercicio práctico, igualmente, poderá consistir, a decisión do Tribunal na contestación das preguntas que, por escrito, propoña o tribunal sobre supostos prácticos relacionados co Temario, podendo incluír varias respostas a cada unha das cuestión prácticas formuladas, ou debendo desenvolver o/a aspirante a resposta ás mesmas . 

O tempo máximo de realización do exercicio será de dúas horas.

Para a realización do exercicio práctico, os/as aspirantes poderán vir acompañados de textos legais sempre que  os mesmos non estean comentados nin concordados.

Cando o Tribunal acorde que a lectura dos exercicios sexa realizada polas/os propias/os aspirantes,  dita lectura será en sesión  pública ante o tribunal no día e hora que se fixe, anunciándose no taboleiro de anuncios da sede electrónica da páxina Web do Concello,  podendo os/as membros do Tribunal solicitar aclaracións ou comentarios sobre  os exercicios nun tempo máximo de quince minutos. A non comparecencia do/a aspirante entenderase que desiste da convocatoria, determinando a eliminación da mesma.

16/07/2025  Resultados finais

16/07/2025  Resultado alegacións e notas 2º exercicio

10/07/2025  Resultados provisionais exame práctico

10/07/2025  Segundo exercicio

10/07/2025  Plantilla de respostas 2º exercicio

04/07/2025  Resultados definitivos 1º exercicio

04/07/2025  Resultado alegacións 1º exercicio

09/06/2025  Exame 1

04/06/2025  Resultados 1º exercicio

04/06/2025  Plantilla Respostas Exame

04/06/2025  Comunicación do tribunal

22/05/2025 Vista alegación, Lista definitiva admitidos/excluídos

15/05/2025  Lista definitiva admitidos/excluídos, nomeamento tribunal e convocatoria ao 1º exercicio

16/04/2025 Corrección de erros nas bases

04/04/2025  Anuncio no BOE

24/03/2025 Publicación no BOP Bases