Compromiso coa Calidade Turística

O Concello de Monforte de Lemos aposta pola calidade e a mellora continua dos servizos turísticos municipais, co obxectivo de ofrecer ás persoas visitantes unha atención e unha experiencia turística satisfactorias.
Neste compromiso coa excelencia turística, a Oficina de turismo, o Centro de interpretación da Ribeira Sacra, a Oficina de atención ao peregrino, a Torre da Homenaxe e o Miradoiro do Duque, contan coa certificación Q de Calidade Turística, outorgada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
 Este distintivo recoñece o cumprimento dos requisitos e estándares de calidade establecidos para cada un destes servizos turísticos, así como o compromiso coa mellora continua da súa xestión e atención ás persoas usuarias.
A certificación constitúe un recoñecemento ao esforzo municipal por ofrecer servizos turísticos de calidade, accesibles e orientados á satisfacción de quen nos visita.

 Monforte Política de calidad