II edición Festival 17º Ribeira Sacra

Este ano o Festival 17º Ribeira Sacra celebrarase os días 27, 28 e 29 de xullo. Trátase dunha das citas musicais máis singulares do calendario estival, na que conviven día e noite artistas nacionais e internacionais, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra.

Os concertos desenvolveranse en diferentes adegas e miradoiros da Ribeira Sacra, no catamarán e nas prazas das vilas.

O sábado 28 a partir das 20.00 na explanada do Parador de Turismo de Monforte celebrarase unha das citas fortes desde festival. Actuarán: Coque Malla, Puerto Candelaria, Freedonia, Woods y Fuckaine. El precio de la entrada anticipada será de 20€  (https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/) e de 24€ en taquilla (as portas abriranse ás 19.00h.).

 

O conxunto monumental de San Vicente volve a ser un escenario de luxo para os concertos. Para o concello de Monforte colaborar neste tipo de iniciativas é fundamental en tanto que axudan a difundir a riqueza do patrimonio natural e cultural e incrementan o número de visitantes, repercutindo positivamente na economía da Ribeira Sacra.

"Como capital da Ribeira Sacra, imos estar do lado de todas aquelas actividades que se desenvolvan en Monforte e na contorna da Ribeira Sacra, como é o caso deste festival. Evidentemente, teñen que ser iniciativas que potencien, difundan e promocionen as potencialidades de Monforte e da Ribeira Sacra", José Tomé, alcalde de Monforte de Lemos.

Toda a información do Festival 17º Ribeira Sacra pode consultarse  https://festivalribeirasacra.com