Goza os paseos en barca polo río Cabe

 

23/06/2918 O río Cabe é punto de referencia en Monforte durante o verán. Un dos principais atractivos na época estival son os paseos en barca. Si queres gozar desta opción de lecer que nos ofrece unha nova visión de Monforte desde o río debes acudir ao Parque dos Condes. O embarcadoiro do parque é o lugar onde alugar as barcas que están preparadas para transportar ata 6 persoas. Cada paseo en barca ten un prezo de 3,25 €/media hora. 
O servizo de aluguer de barcas funciona de luns a venres en horario de 18.00 a 22.00 e as fins de semana e festivos, tamén en horario de mañá, de 11.00 a 14.00. O espectáculo das barcas engalanadas celébrase o 16 de agosto a partir dás 23.00 h. 
Goza de Monforte de Lemos desde o río Cabe.