A segunda edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra , organizado polo Concello de Monforte de Lemos e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, celebrarase os días 6, 7 e 8 de xullo no Paseo do Malecón, á beira do río Cabe, un entorno idílico para desfrutar non só dos nosos viños, senón da nosa gastronomía e artesanía.
O festival, que ten como protagonista fundamental o viño, aglutina tamén a través das actividades programadas, historia, tradición e cultura. Nesta II edición participarán 24 adegas das 5 subzonas da D.O. Ribeira Sacra.
O festival contará coas actuacións musicais de Najla Shami (6 de xullo 22.30 h.), Sons do Douro (6 de xullo 00.00 h.), Davide Salvado e Pedro Pascual (7 de xullo 22.30 h.), e a Banda da Loba (7 de xullo 00.00), talleres infantís de olería de Gundivós, sabores, contacontos e manualidades, e rutas enoturísticas para as que é preciso reservar praza no +34 772 76 43 46 ou no correo electrónico festivalribeirasacra@gmail.com.
O 6 de xullo ás 9.30 h. iniciarase a viñoRuta do Miño “De Río e de Pedra”, esa misma xornada ás 16.30 h. comezará a viñoRuta do Sil “De Auga e de Viño” e a vinoRuta do Val de Quiroga “Ruta do viño e do aceite”. O sábado 7 de xullo ás 9.30 h. iniciarase a viñoRuta do Miño “Camiñando entre viñas” e ás 16.30 a viñoRuta do Sil “Sentindo Ribeira Sacra”. O venres 6 de xullo a apertura dos stands será ás 18.30, o sábado e o domingo ás 11.30, coa clausura oficial o domingo ás 13.00.
Desde o concello de Monforte invitámosvos a participar neste festival e desfrutar de tres días cheos de sabor, de música e cultura.