Mercado de outono os días 17 e 18 de novembro

13/11/2018 O Concello de Monforte celebra os días 17 e 18 de novembro o Mercado de outono, que se desenvolve na Praza de Abastos. O mercado abrirá as súas portas o sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 17:30 a 20:30 horas. Na xornada do domingo o horario será de 11.00 a 14.00 horas.

O Mercado de outono é punto de referencia para a exaltación dos produtos característicos deste época. Asi, poderanse atopar cogomelos, castañas, noces ou marmelos. Tamén haberá repostería elaborada con estes mesmos produtos, como licores, sidra ou doces.

O Mercado de outono completarase cun xantar micoloxico e de produtos de tempada no Espazo Gastronómico O Viñedo. Os interesados deben de facer a súa reserva chamando ao teléfono 690 82 99 29. Ademais, o sábado, a partir das 20:30 horas, no Espazo Gastronómico O Viñedo, celebrarase un magosto popular.

Os cativos da casa terán tamén actividades específicas para eles, relacionadas co outono. O sábado áas 18.00 desenvolverase un obradoiro de elaboración de guirnaldas de follas das diferentes árbores dos nosos bosques. Xa o domingo de 12.00 a 13.00 horas haberá un contacontos de outono, Caxoto.

Os Mercados que se desenvolven na Praza de Abastos buscan potenciar o comercio local e de proximidade e poñer o interese nas virtudes do produto de tempada. Neste caso, centrándose no outono que en Galicia sempre é unha época de moita riqueza e variedade culinaria.