De xullo a agosto pasea en barca polo río Cabe

5/07/2022 Unha das actividades estrela do verán en Monforte de Lemos son os paseos en barca polo río Cabe. Esta actividade especialmente pensada para facer en familia, entre amigos ou en parella permite gozar dunha nova perspectiva da cidade e axuda a refrescar a temperatura dos días máis calorosos do verán en Monforte.

Os paseos en barca teñen como punto de inicio dos percorridos o embarcadoiro do Parque dos Condes. Os paseos teñen unha duración mínima de media hora a un prezo de 3,25 euros a media hora. Esta refrescante actividade prolongarase ata o 30 de setembro no seguinte horario:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
  • Fins de semana e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

Para os paseos en barca, cita fundamental na programación cultural e de lecer da cidade, contarase cunha nova caseta para o despacho de billetes e para a retirada de chalecos e remos dos usuarios das barcas.

Paseos barca cartel