Paseos en barca polo río Cabe

02/07/2023 A personalidade como cidade que ten Monforte de Lemos vén marcada por múltiples factores, o seu pasado, a súa riqueza patrimonial, a súa vinculación co ferrocaril, o seu papel de cabeceira de comarca,…e o río que a cruza, o Cabe. 

En verán, unha opción distinta para coñecer a cidade é desde o río Cabe cos seus paseos en barca. O punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, ten un prezo de 3,25€.

Horarios dos paseos en barca polo Cabe:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
  • Sábados, domingos e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

cartel paseos en barca