“Nunca me perdonarei non ter vido antes aquí”- Familia Iglesias Núñez en Monforte e na Ribeira Sacra.

28/06/2018 Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra foron o destino do programa da TVG, “Álbum de viaxe” que se emitía o 16 de xuño e que agora podemos ver xa en internet. A familia protagonista desta viaxe comezou a súa aventura no Parador de Turismo de Monforte. Visitaron algúns dos puntos máis destacados da cidade do Cabe, como a Torre da Homenaxe, o barrio xudeu, os Escolapios ou o Museo do Ferrocarril de Galicia.

Desde Monforte achegáronse a coñecer a olería de Gundivós, viaxaron polo canón do Sil  e degustaron os viños da nosa denominación. Esta familia de Santiago de Compostela tivo unha viaxe divertida e fascinante polo noso territorio. Queredes sentirvos orgullosos de vivir onde vivimos? Dádelle ao play e compartamos a súa viaxe. “Estou mirando á nada e pensando en todo”- Familia Iglesias Núñez.

Accede aquí ó programa