Artelemos reúne 30 postos de artesnía do 4 ao 9 de agosto

28/07/2023 O venres, día 4 de agosto, comeza na rúa Cardeal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello como antesala ás Festas Patronais contará nesta XXIII edición con 30 postos. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. entre o 4 e o 9 de agosto.

Artelemos ten a vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, á vez que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.

Os diferentes stands mostrarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestería, complementos de moda, marroquinería, madeira e lousa, cerámica, obxectos de decoración, xoiería, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas.

Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo, terán lugar de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e talleres ás 12 e ás 19 horas para os que é necesario anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello no espazo da mostra.

Programación XXIII Artelemos

Venres 4 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González
  • 13.00 h.- Inauguración oficial da 23ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González

Sábado 5 de agosto:      

  • 10:00 h.-Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de cestería.  Artesá: Luisa Martínez
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de cestería.  Artesá: Luisa Martínez

Domingo 6 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich

Luns 7 de agosto:           

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez

Martes 8 de agosto:

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de olería para nenos e nenas.  Artesá: Otilia Arias

Miércoles 9 de agosto:

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo