Festas Patronais de Monforte de Lemos, días 11 e 12 de agosto

8/08/2023 Do 11 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas Festas Patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe foron desde sempre un referente no sur de Lugo pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son gratuítos. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.

Como é habitual actuacións terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. As Festas deste ano terán como pregoeiro ao xuíz e expresidente da Audiencia Provincial de Lugo, o monfortino Edgar Closs Fernández. O pregón será o día 11 a partir das 20.30 diante da casa consistorial.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 11 e 12 de agosto.

Veres, día 11 de agosto

20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS  Lectura do pregón a cargo de Edgar Closs Fernández .

21:00h LANZAMENTO DO FOGUETE que anuncia o inicio das Festas. Campo de San Antonio. 

21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA

21:30 h BAILE CONCERTO DA BANDA DE ACORDEÓNS O FOLIÓN na praza de España. 

00.00 CONCERTO DE LUCÍA PÉREZ na Compañía

02:00 CONCERTO DE MALENNE na Compañía

Sábado, día 12 de agosto

13:00 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: ARA. Na praza de España acrobacias aéreas e danza.

19:30 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: ARA. Na praza de España.

20:30 GRUPO DE BATUCADA CREATIVA, amenización desde o barrio Val de Lemos ata o centro da cidade.

23:00 h CONCERTO DA DELOREANS, na Campañía.

00.00 CONCERTO MIKEL ERENTXUN, na Compañía.

01:30 CONCERTO GIN TONI´S, na Compañía.

O resto da programación nesta mesma páxina, na nova da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.