O Nadal en Monforte, unhas festas para non perderse

6/12/2023  Monforte de Lemos vístese de Nadal para despedir o 2023 e recibir con ilusión o 2024. Os monumentos e principais espazos da cidade gozan de ambientación para levar o espírito do Nadal a toda a cidade, con máis de 60 rúas iluminadas e máis dun millón de luces led.

Na sala de exposicións da Casa da Cultura contaras co Belén galego de J. Antonio Dávila, que estará en exposición do 14 decembro ata o 10 de xaneiro. E a Asociación Albores decora de Nadal, un ano máis, o vestíbulo da Casa do Concello.

Durante 2 fins de semana a Praza de Abastos acolle o Mercado de Nadal, os días 22 e 23 e 29 e 30 de decembro. Contarase tamén con actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.

Concertos, teatro e espectáculosCartel Programación Nadal

  • 16 de decembro, ás 20:00h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o grupo de teatro Viraventos, representará “A cegueira de Cupido; porque o amor nunca é o que parece
  • 20 de decembro, ás 18:00h, no Edificio Multiusos 23ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino.
  • 21 de decembro ás 20:00h, no Edificio Multiusos, Festival Nadal 2023 a cargo do Conservatorio Municipal
  • 22 de decembro ás 20:00h, Concerto de Corais Nadal 2023, na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Polifónica de Sarria, o Coro de adultos do Conservatorio de Viveiro e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
  • 23 de decembro, ás 20:00h, concerto de Doc Magoo’s na rúa Cardeal.
  • 26 de decembro, ás 18:00h, na  Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, Trémola Teatro representará “Elfos en prácticas
  • 28 de decembro, ás 20:00h, no Edificio Multiusos, Ítaca Teatro representará, “Cinco minutos sen respirar”.
  • 30 de decembro, ás 20:00h, na rúa Cardeal, concerto de Malenne.
  • 3 de xaneiro, ás 20:00h., no Edificio Multiusos, Concerto de Ano Novo que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte
  • 4 de xaneiro, ás 20:15, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o humorista e contador de historias, Xan Veiga, ofrecerá o seu espectáculo “Sonchistorias”.

Cabalgata de Reis

Un dos días máis agardados será o venres, 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio. Un pouco máis tarde, ás 19:30 h.,  as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.

Desde o concello desexan que monfortinos e visitantes vivan con alegría e ilusión estas festas, que esperan contribúan a dinamizar os sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo.