Aumento constante do número de visitantes ás dependencias turísticas de Monforte

26/02/2024 As dependencias turísticas do concello de Monforte; Oficina de Turismo, Oficina de Atención ó Peregrino e Torre da Homenaxe de San Vicente, alcanzan en 2023 os mellores datos dos últimos anos en canto a persoas atendidas, ademais das cifras do 21 co boom turístico tralo coronavirus.

Os datos relativos á persoas atendidas na Oficina de Turismo do Concello de Monforte, por ano son os seguintes:

  • En 2017: 14.922 persoas.
  • En 2018: 14.851
  • En 2019: 15.237
  • En 2020: 9.127
  • En 2021: 20.454
  • Ano 2022: 17.115
  • Ano 2023: 18.395

Porcentualmente, en 2023 atendeuse a un 7,47% máis de visitantes que en 2022 (1.280 persoas máis). Se acudimos a anos previos á pandemia, en 2023 son atendidos un 20,72% máis que en 2019 (3.158 persoas máis), o un 23,86% máis que en 2018 (+ 3.544).

Na incidencia por meses destaca de xuño a outubro. No 2023 destacas as 13.899 persoas atendidas nestes 4 meses: 1.167 persoas en xuño, 3.035 en xullo, 5.466 en agosto, 2.636 en setembro e 1.595 en outubro. En canto a procedencias, Madrid é a comunidade que máis turistas aportou en todos os meses seguida de Asturias, País Vasco, Cataluña, e Galicia. Respecto ó turismo internacional, Francia ocupa o primeiro posto en canto a visitantes, seguidos de Alemaña, Reino Unido e Holanda.

O alcalde de Monforte, José Tomé, destaca, “Creo que son uns excelentes resultados turísticos do pasado ano 2023, especialmente os dos meses de xullo (3.035 persoas) e agosto (5.466), o que significa que a xente apostou polo turismo de interior, apostou polo turismo de calidade da Ribeira Sacra, e participaron en eventos tan importantes para nós como son o Festival do Viño, o Verán Cultural ou as Festas Patronais”.

A Oficina de Atención ó Peregrino de Monforte alcanza porcentaxes históricas de visitas

A Oficina do Peregrino abría as súas portas en setembro de 2021. Antes da súa apertura, os peregrinos eran atendidos na Oficina de Turismo. Destaca o aumento de visitas no ano 2023 con respecto ó 2022, pois foron atendidas 1.295 persoas máis, un 157% máis.  Con respecto a 2021, foron atendidas 348 persoas máis, un 20% máis.

A Oficina do Peregrino rexistra tanto a atención ós peregrinos que acoden a selar a súa Compostela ou a pedir información, como a atención a persoas interesadas en coñecer o Camiño de Inverno.

En 2023, desas 2.120 persoas atendidas, 821 foron especificamente peregrinos e 1.299 xente solicitando información sobre o Camiño de Inverno. En ambos casos, a aceptación e a valoración da Oficia do Peregrino é moi destacable.

En canto ás procedencias, a nivel nacional destacan Asturias, País Vasco, Burgos e Cataluña. A nivel internacional, son Italia, Francia e Australia os principais países de procedencia. Os meses de maior afluencia de peregrinos en 2023 foron outubro (124), maio (121), setembro (118), agosto (100) e xullo (96).

Torre da Homenaxe

Os datos tamén son moi significativos: 16.576 persoas visitaron a Torre en 2023, fronte ás 13.429 persoas de 2022. É dicir, 3.147 persoas máis, que supón un 23,43% máis. Respecto ás procedencias, principalmente as Comunidades emisoras son Madrid, País Vasco, Asturias, Galicia e Valencia. En canto a turismo internacional, Reino Unido, Francia, Bélxica, Holanda e Portugal, son os países que máis visitantes aportaron. Por meses, en 2023, as cifras máis salientables corresponden ó período abril-outubro, con cifras como 2.619 visitantes recibidos en abril, 2.525 en xullo ou 3.854 en agosto.

Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda e constitúen un dos principais destinos turísticos do interior de Galicia, como destaca o alcalde, “o enorme potencial cultural, gastronómico, patrimonial e turístico de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra, están a obter excelentes cifras de afluencia turística. Estou seguro de que neste ano 2024, se esta tendencia á alza se mantén, volveremos a alcanzar cifras históricas, nas que os nosos grandes eventos como o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as nosas Festas Patronais e o Programa de Verán, entre outros eventos, contribuirán decisivamente a captar visitantes e turistas para Monforte”.