Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O barrio de As Lamas comanda a clasificación do Premio de Medio Ambiente | 14/05/2012 | Noticias histórico | |
Instalación de “sanecáns” e campaña sobre recollida de excrementos caninos |
O concelleiro de servizos municipais, Xosé Lois Rodríguez Rivera, acompañado polo xefe de servizo da empresa FCC, Enrique López, e polo técnico municipal de medio ambiente, Juan Carlos Prado, anunciou a colocación de “sanecáns” en diversas zonas da cidade e o inicio dunha campaña de concienciación sobre a recollida de excrementos caninos.
|
15/05/2012 | Noticias histórico |
As obras da nova potabilizadora comezarán no mes de xuño |
A Comisión de Seguimento do proxecto “Ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos”, reuniuse esta mañá na Casa do Concello da nosa cidade coa asisitencia de representantes das tres institucións que promoven esta importante actuación.
|
23/05/2012 | Noticias histórico |
Os Escolapios gañan o Premio de Medio Ambiente para centros escolares |
O tribunal do Premio de Medio Ambiente para centros escolares reuniuse esta mañá na Casa do Concello e avaliou os traballos presentados ó concurso convocado polo Concello de Monforte.
|
24/05/2012 | Noticias histórico |
O Conselleiro de Medio Ambiente apoia a Monforte como nó loxístico de mercadorías |
O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe martes o concello de Monforte.
O Conselleiro chegou ó Porto Seco sobre as 11:00 h., onde o agardaba o Alcalde, Severino Rodríguez, a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e membros da corporación municipal.
|
29/05/2012 | Noticias histórico |
Proposta do Alcalde sobre a axuda a domicilio |
O Alcalde levará ó pleno do próximo luns unha proposta sobre a decisión da Xunta de Galicia de suprimir a subvención para a axuda no fogar básica ou axuda a domicilio a aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.
|
03/06/2012 | Noticias histórico |
Constituída a Mesa Local de Comercio que se reunirá o día 26 de xuño |
Ás 13:00 h. do venres día 8 de xuño quedou constituída a Mesa Local de Comercio de Monforte, nunha reunión que se celebrou una Casa do Concello.
A formalización da Mesa Local de Comercio, de acordo ao artigo 21 da Lei 13/2010 do Comercio Interior de Galicia, contou cos seguintes membros:
|
08/06/2012 | Noticias histórico |
O Eixo Atlántico quere que Monforte sexa nó loxístico de mercadorías |
Un grupo de expertos galegos e portugueses traballan na actualización do Mapa de Infraestruturas do Eixo Atlántico, Galicia Norte de Portugal, documento no que se refrenda o papel de Monforte como nó e plataforma loxística de mercadorías.
|
21/06/2012 | Noticias histórico |
O Presidente da Deputación defende a Monforte como nó ferroviario de mercadorías |
O Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe venres o concello de Monforte, onde foi recibido polo Alcalde e os/as voceiros/as dos grupos políticos municipais.
Gómez Besteiro reuniuse conxuntamente con Severino Rodríguez e cos portavoces municipais e, posteriormente, mantivo unha entrevista de carácter privado co Alcalde. |
22/06/2012 | Noticias histórico |
A Mesa Local de Comercio debateu propostas do CCU |
A Mesa Local de Comercio de Monforte celebrou esta mañá a primeira reunión, despois da preceptiva de constitución que tivo lugar o día 8 de xuño. A xuntanza de hoxe xa fora anunciada o día da constitución deste órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial.
|
26/06/2012 | Noticias histórico |