10/04/2019 PROGRAMACIÓN
10:00 a 21:00h (días 20 e 21)
MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.
PASEOS - CARAVANA DE BURRIÑAS dende a praza do Doutor Goyanes.
10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h (días 20 e 21)
CAMPAMENTO MEDIEVAL na Praza de España: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h (días 20 e 21)
OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS na Praza de España: esgrima antiga, tiro con arco, fabricación de Cota de Malla, confección de indumentaria histórica, escritura e técnicas de ilustración sobre pergamino, forxa de armas e utensilios, talla de madeira
11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h (días 20 e 21)
CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas.
Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h (días 20 e 21)
MOSTRA, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPINA –CETRERÍA na Praza de San Antonio
11:30 a 14:00 e de 17:00h a 20:30h. (días 20 e 21)
PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO no adro da Régoa
12:00h (día 20)
Pregón, seguido do SAÚDA do Alcalde na Praza de España, dándolle a benvida a Monforte a dous restaurados xigantes –os nosos Condes de Lemos. Salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV. Actuación do grupo de Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula.
13:00h (días 20 e 21)
Desfile polas rúas e prazas da Feira, de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Himnodium.
13:30h e 17:00h (días 20 e 21)
ESPECTÁCULO DE CETRERÍA E EXHIBICIÓN CON AVES RAPACES na praza de Santo Antonio.
16:30h (día 20)
Concentración na Praza España dos participantes no VIII Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado co Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi e Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
17:30h (día 20)
Entrega de premios na Praza de España, dos Concursos de Traxes Medievais, de Decoración de Balcóns e de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros.
18:00h (días 20 e 21)
V XUSTAS MEDIEVAIS, no campo de terra do Colexio PP. Escolapios, coa rotura de lanzas, combates de espadas, nomeamento de vencedores e música ao vivo.
19:00 a 20:00 h (días 20 e 21)
ADESTRAMENTO MILITAR /PRÁCTICAS DE ESGRIMA /MURO DE ESCUDOS na Praza de España
ACTUACIÓNS DE RÚA (días 20 y 21)
Grupo de música medieval Himnodium 12:00, 16:30 e 20:00h
Espectáculo itinerante “A Mi Circadas” 17:00h
Zancudo e o Orlock 14:00h
Grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais 17:00 e 18:30h
O Cabaleiro Medieval 12:30, 17:30 e 20:00h
20:30h (día 20)
ESPECTÁCULO “A LUZ DO MEDIEVO” na praza España, acróbatas realizarán diferentes números combinando as artes da acrobacia e técnicas aéreas.
21:00 (día 20)
Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores e fachos co grupo de música Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula e o grupo de música medieval Himnodium.
21:30 (día 20)
QUEIMA DO PAZO DOS CONDES, na Praza Luis de Góngora, espectáculo combinado de técnicas de manipulación de fogo e a maxia da pirotecnia fría con música, danza, malabares e manipulación, culminando cun momento máxico da queima da fachada.
22:00 (día 20)
Solta de FAROLIÑOS na praza Luis de Góngora para encher de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
22:30h (día 20)
CEA MEDIEVAL no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es)
Días 20 e 21
MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.
Exposición: Monforte Medieval-Torre Homenaxe. Mañá: 11:00h–14:00h/Tarde: 16:30–20:00h
Puntos de Información: Oficina de Turismo e Praza de España.
Aqui pódese ampliar a información da programación da Feira.