Axudas

Axudas

Axudas de transporte universitario e de ciclos formativos 2018-2019

Estas axudas destínanse a:

  • Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior para títulos oficiais de Grao e Ensinanzas Universitarias, empadroado no Concello de Monforte de Lemos.
  • Alumnado de ciclos medio e superiores de Formación Profesional e Bacharelato empadroado no Concello de Monforte que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio.

 Anuncio BOP axudas transporte universitario

 Bases e Convocatori para a concesión de axudas de transporte universitario e de ciclos formativos 2018-2019

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario curso 2018/2019.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte de Lemos e escolarizado para o curso 2018/2019 nos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio de: educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial.

As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os requisitos que se indican nas BASES.

 Becas concedidas

 Becas denegadas

BASES BECAS 18-19

 Accede aquí ao BOP

 

Axudas para a mellora da eficiencia enerxética nos fogares

O acceso á enerxía é unha necesidade básica. O importe da factura eléctrica incrementouse considerablemente nos últimos anos debido principalmente ao aumento dos custos fixos derivados do déficit de tarifa que se inclúen na factura eléctrica, e que non se poden reducir mediante un menor consumo enerxético. Este feito, unido ao contexto económico actual, dá lugar a que existan familias galegas que non dispoñen das posibilidades económicas mínimas para o pagamento da factura enerxética (tanto de electricidade como de gas) necesaria para cubrir as súas necesidades máis básicas.

Así mesmo, as Corporacións locais e, en concreto, o Concello de Monforte de Lemos, asume as prestacións e axudas non periódicas en situacións de necesidade, como se establece no Art. 52.2 da Lei 7/1985, de bases de réxime local mediante a súa Ordenanza reguladora de emerxencia social publicada no BOP Lugo do 11/03/2009.

Poderán acollerse a estas axudas as persoas ou unidades de convivencia que os servizos sociais valoren como persoas en situación ou risco de exclusión social, especialmente nas que existan menores ou persoas con discapacidade ou dependencia, que cumpran os requisitos de acceso establecidos nestas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no BOP de Lugo e ata o 15 de decembro de 2019.

Accede aquí á publicación no BOP do 21/03/2019

 Bases e formularios 2019