Actividades
XVII Feira Medieval de Monforte
Aberto o prazo para solicitar a participación na XVII Feira Medieval de Monforte. Deste xeito fanse públicas as bases para a solicitude de participación na Feira Medieval que se celebrará o sábado día 20 e o domingo 21 de abril.
As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche. Ás 14:00 h. do día 25 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 8 de marzo publicarase neste mesmo espazo, a listaxe de admitidos/as, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.
A organización da XVII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, dará prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá/na.
O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.
Bases Concursos Feira Medieval
"Na Sede Electrónica da entidade (https://sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición ON-LINE. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura). Tamén pode acceder a través deste enlace: https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion&L=0
Entroido 2019
O Concello de Monforte dálle luz verde ás bases que van regular as actividades do Entroido deste ano. O primeiro dos eventos festivos programados é o concurso do xoves de compadres, que se vai celebrar o vindeiro 21 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 28 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas: o xoves de comadres.
Por outra parte, o desfile de comparsas será o martes, 5 de marzo.
Anexo II Declaración Negativa de débedas
Solicitude de Inscrición Concursos Entroido 2019
Rede Galega de Teatros e Auditorios
As representacións terán como escenario o Edificio Multiusos, as infantís comezarán ás 18 horas, o resto serán ás 20:15 horas.
O prezo da entrada xeral é de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Programación Adultos:
- OS FILLOS DO SOL da compañía Contraproducións - xoves, 24 de xaneiro
- CELEBRACIÓN, de Sarabela Teatro - xoves, 14 de febreiro
- 30 E TANTOS ÓSOS de Aporía Escénica -xoves, 14 de marzo
- O CASO É TER SAÚDE da compañía Malasombra – xoves, 11 de abril
Programación infantil:
- PATAPATÚM da compañía Elefante Elegante - domingo, 24 de febreiro
- A GALIÑA AZUL da compañía Tanxarina – domingo, 10 de marzo
Roteiros por Monforte de Lemos
Información e reservas no tlfno: 982 402 501 -Roteiros para grupos-