Artelemos

Artelemos

Artelemos

 

O Concello de Monforte recuperou no 2015, logo de tres anos sen realizarse, a celebración da feira de artesanía local Artelemos. Artelemos ten como obxectivo principal dinamizar a artesanía local e dar ambiente á cidade. Durante os días de celebración, multitude de visitantes achéganse a ver os stands e gozar das demostracións e talleres. Ademais de exaltar a artesanía local, cada ano acoden artesáns de fóra que aportan novos produtos e novos modos de facer, o que contribúe a seguir consolidando esta cita tan importante para Monforte de Lemos.

A mostra de artesanía celébrase durante 5 días na Rúa do Cardenal en horario de mañá e de tarde. A través desta sección estarán puntualmente informados. Para máis información poden contactar coa axente de desenvolvemento local no teléfono 982 88 47 75 ou ben emprego_pe@concellodemonforte.com.

Este 2019, Artelemos acada XXI edición contando coa presenza de 29 profesionais da artesanía. Os postos atópanse na rúa Cardenal e teñen horario de 11.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 23.00 h.

Stands individuais

Cada un dos artesáns terá o seu propio stand con tarima, iluminación e rotulación promocional propia. Cómpre destacar que durante a noite haberá vixilancia ata a hora de apertura. Co obxectivo de darlle un carácter máis dinámico á mostra, haberá pasillos entre as jaimas agrupadas cada 3-4 artesáns. Neses espazos vanse colocar unhas sombrillas triangulares para facilitar o tránsito peonil ó longo da rúa Cardenal.

 Listaxe de admitidos Artelemos 2019

 BASES Convocatoria ARTELEMOS 2019

 Impreso de Solicitude 2019