Restricións establecidas polas autoridades sanitarias que afectan ás instalacións culturais do Concello de Monforte por mor da Covid-19

As novas medidas, publicadas o 26 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia, establecidas polo DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 e pola ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Deste xeito, dende o Equipo de Goberno do Concello, se comunican as novas medidas que afectan especialmente ás actividades e ás instalacións municipais, que terán efecto ata o 17 de febreiro.

A nova normativa supón o peche ó público das seguintes instalacións culturais

1-Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro:
-Sala de Exposicións
-Salón de Actos
-Sala Exposición Fondo Documental e Bibliográfico Historia de Monforte de Lemos
-Salas reunións
-UNED presencial

-Biblioteca Municipal

2-Edificio Multiusos:
-Auditorio
-Salas reunións
-Exposición permanente sobre o VII Conde de Lemos

Deste xeito, tal e como indica a Orde do 26 de xaneiro de 2021, todas actividades culturais e expositivas que se leven a cabo en dependencias municipais quedan suspendidas.