REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS -MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2024

O Concello de Monforte de Lemos ao igual que en anos anteriores, en 2024 seguirá integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia /AGADIC-GALESCENA o que leva consigo a realización de actividades
vinculadas a dita rede no ano 2024.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, unha para os máis pequenos e cinco para o público adulto. A obra infantil poñerase en escena no mes de maio mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 1º semestre 2024:

Programación Adultos:

-PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS con AUTO DE CASTROMIL 25 de xaneiro
-CONTRAPRODUCIÓNS S.L. con ENTREGA EN MAN 22 de febreiro
-ARTYC CONTENT con QUE DIN AS RUMOROSAS 7 de marzo
-COMPAÑÍA HUMANA coa obra IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER 21 de marzo
-VOLTA E DALLE TEATRO con FALAR POR FALAR 25 de abril

Programación infantil:

-BAOBAB TEATRO coa obra PALABRAS domingo 12 de maio

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, a infantil ás 18:00 h e as de adulto ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Fora de Rede de Teatros e Auditoiros o Concello de Monforte programa unha representación teatral para adultos o xoves 11 de abril no Edificio Multiusos ás 20:15h con entrada de balde titulada O SOÑO DOS VAGALUMES do GRUPO DE TEATRO DA UNIVERSIDADE LABORAL DE OURENSE.