Aberto o prazo para solicitar a participación na XVII Feira Medieval de Monforte

Monforte de Lemos, 8 de febreiro de 2019. O Concello de Monforte de Lemos ven de abrir o prazo para solicitar a participación na XVII Feira Medieval de Monforte. Deste xeito fanse públicas as bases para a solicitude de participación na Feira Medieval que se celebrará o sábado día 20 e o domingo 21 de abril.

As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos,  a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

Segundo se especifican nas citadas bases, ás 14:00 h. do día 25 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 8 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de admitidos/as, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.

A organización da XVII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, dará prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá/na.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.

Xúntanse as bases, o regulamento e o modelo de solicitude de participación.

 Bases Feira Medieval 2019

 Regulamento Feira Medieval 2019

 Formulario de Participación Feira Medieval 2019

"Na Sede Electrónica da entidade (https://sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición ON-LINE. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura). Tamén pode acceder a través deste enlace: https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion&L=0