Peche técnico da piscina municipal de Monforte

Monforte de Lemos, 21 de agosto de 2019. O Concello quere poñer en coñecemento da cidadanía monfortina que a Piscina Municipal efectuará un peche técnico entre os días 23 de agosto e 1 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Trátase dunhas operacións periódicas anuais destinadas a ter as instalacións nas condicións idóneas para a práctica deportiva ó tempo que se aseguran os niveis de calidade hixiénico sanitarios da zona, segundo se establece no Regulamento Técnico-Sanitario das Piscinas de uso colectivo.

Ante as incomodidades que o peche poida ocasionar, o Concello pide de antemán a comprensión de tódolos usuarios das piscinas. Rematados os labores de mantemento, as instalacións volverán a abrir o día 2 de setembro no seu horario habitual.