A UME desinfecta en Monforte os principais centros de concentración de persoas con risco especial ante o Coronavirus, tras ás xestións levadas a cabo polo Alcalde coa Subdelegada do Goberno

Monforte de Lemos, 24 de marzo de 2020. Na mañá de hoxe efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, dentro do operativo denominado Operación Balmis posto en marcha polo Ministerio de Defensa en coordinación coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno de España para paliar os efectos do Covid-19, desprazaronse ata Monforte para levar a cabo tarefas de desinfección e limpeza ante este virus.

Inicialmente, o plan previsto pola UME en Monforte era a limpeza e desinfección dos entornos da residencia e centro de día de Geriatros, na rúa do Morín, así como o Hospital Comarcal. O Alcalde da cidade, José Tomé Roca, sendo coñecedor deste dispositivo, levou a cabo as xestións necesarias coa Subdelegada do Goberno en Lugo, Mª Isabel Rodríguez, para poder ampliar as zonas de limpeza e desinfección a máis lugares da cidade nos que se concentran persoas que forman parte de colectivos de especial risco ante este virus.

Deste xeito, logo da intermediación do Alcalde, a UME ampliou o seu cometido de limpeza ós entornos, accesos e interiores dos seguintes edificios:  Residencia da terceira idade, na paseo do Malecón; residencia Asimédica, na rúa Ourense; Hogar de San José, na rúa Doutor Casares; así como na zona de acceso ó público  tanto da pranta baixa (rexistro, intervención, padrón e rendas), como da primeira pranta (despachos, salón de plenos, baños, ascensor...) e exteriores da Casa Consistorial monfortina, na praza Campo de San Antonio.

A actividade da UME na cidade do Cabe consistiu na inspección inicial dos espazos sinalados, para a posterior coordinación e distribución dos diferentes efectivos cos que conta a unidade en cada un dos espazos descritos para a súa axeitada desinfección. Calcúlase que estes traballos se desenvolvan ó longo de todo o día de hoxe.