O Alcalde informa que a xustiza dálle a razón ó Concello ante a empresa Rutas Sacras polo concurso do Centro do Viño


                                                    Foto de arquivo: O Alcalde informa sobre a situación do Centro do Viño, en xullo de 2021

Monforte de Lemos, 9 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar dunha nova sentencia favorable ó Concello de Monforte, neste caso ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo, fronte ó recurso interposto pola empresa Rutas Sacras S.L.U. contra a decisión da Xunta de Goberno do Concello de 12 de abril de 2021, na que desestimaba un recurso de reposición interposto por dita empresa, en relación o procedemento de licitación da xestión do Centro do Viño e outros servizos turísticos, licitación que o Equipo de Goberno publicou o 9 de marzo de 2021, logo de ser aprobada na Xunta de Goberno Local do 8 de marzo de 2021.

En concreto, a empresa Rutas Sacras S.L.U., anterior concesionaria deste servizo, alegaba “que el Convenio Colectivo de Agencia de Viajes contemplado en los Pliegos no es el correcto, sino que resultaría aplicable el Convenio Colectivo del Sector de Ocio Educativo y la Animación Socio Cultural, o en todo caso, el Convenio Colectivo autonómico de Eventos, Servicios e Producciones Culturales de Galicia”.

Do mesmo xeito, tamén alegaban a existencia de erros no cálculo dos custos laborais do contrato respecto do Convenio Colectivo de Axencias de Viaxes ao non ter en conta a existencia de catro pagas extraordinarias, e ao ser imposible a cobertura de horas de apertura con só 7 persoas empregadas.

No seu momento, o Concello desestimou a pretensión da empresa, e seguiu adiante co proceso de licitación, que foi finalmente adxudicado o 5 de maio de 2021 á UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Numero 1”, UTE que tamén actuou como codemandada no caso que nos ocupa. Cabe destacar que a dito proceso de licitación de xestión do Centro do Viño e outros servizos turísticos, a empresa Rutas Sacras S.L.U. non presentou oferta algunha.

 

Convenio Colectivo e subrogación dos traballadores

A sentencia favorable ó Concello indica, con respecto ó convenio colectivo de aplicación, indica que “resulta claro que el Convenio del sector de Ocio Educativo e Animación Sociocultural pretendido por la empresa recurrente no resulta de aplicación”. En concreto, a Sentencia se expón: “(…) De conformidad con la regulación transcrita y atendiendo a la actividad que desarrolla la entidad “RUTAS SACRAS NOMAR UTE” en los distintos espacios del concello de Monforte de Lemos (hecho probado quinto), no resulta de aplicación el Convenio Colectivo Marco Estatal del Sector Ocio Educativo y Animación Sociocultural, puesto que la actividad desarrollada por el trabajador no se caracteriza por su carácter educativo o formativo, sino que tiene por finalidad divulgar información de carácter turístico respecto del concello de Monforte de Lemos, su comarca y el camino de Santiago. Al no resultar el convenio colectivo de OCIO EDUCATIVO y ANIMACIÓN SOCICULTURAL la entidad entrante en el servicio de gestión de los distintos espacios del concello de Monforte de Lemos no tenía la obligación de subrogar al demandante.  

Do mesmo xeito, o Convenio de aplicación no contrato, que era o de Axencias de Viaxes, fora aceptado por “RUTAS SACRAS NOMAR UTE” cando gañou o concurso, no ano 2013, e é o convenio de referencia para a licitación do novo contrato en 2011. Neste senso, a sentencia di que “dicho Convenio lo había aceptado con ocasión de la anterior licitación, razón por la que infringe el principio de que nadie puede ir en contra de sus propios actos. Pero es que a mayor abundamiento, sus alegaciones se basan en consideraciones subjetivas, porque las actividades que figuran tanto en la Memoria de explotación como en el Pliego de Prescripciones Técnicas son esencialmente de información, y no son de animación sociocultural como así lo constató la jurisdicción social; las diferentes funciones a realizar que se prevén en el Centro do Viño de la Ribeira Sacra- tales como “organización de las visitas”; “información de todo lo relativo a Monforte de Lemos, actividades, servicios de hostelería, hospedaje, rutas, museos”; “información sobre el entorno de la Ribeira Sacra”, “información relativa al camino de Santiago… “; “visitas guiadas o no, en el espacio de la Torre”- llevan a concluir que claramente nos hallamos ante la prestación de un servicio de promoción e información sobre oferta turística y demás aspectos del entorno a que afecta: Monforte de Lemos y Ribeira Sacra”.

Do mesmo xeito, o Xulgado tamén rexeita a petición do demandante de que se aplicase o Convenio Colectivo de Eventos, Servizos e Produccións Culturais de Galicia, posto que “pues al margen que en la vía administrativa no lo señaló, aun cuando pueda tener similitudes dicho Convenio, en el sentido de que hay diversas actividades que pudieran encajar en él, el aplicado se estima correcto por corresponderse a las actividades de información y promoción de turismo que resultan ser las principales o preponderantes en la prestación del servicio objeto de licitación”.

Así tamén, o xulgado determina que o demandante non pode esixir que se prevea a subrogación dos traballadores, pois o convenio de aplicación (que é o de Axencias de Viaxe) non recolle a obrigatoriedade de subrogar: “por ello, no se infringe lo dispuesto en el artículo 130 de la Ley de Contratos, ya que desde el momento en que la obligación de la subrogación no viene impuesta por el Convenio Colectivo, no concurre falta de información acerca de tal extremo.”

Rexeitamento dos errores de cálculo nos costes laborais do contrato

Neste aspecto, a sentencia sinala que ó non resultar de aplicación o Convenio Colectivo pretendido, rexeita sen máis os pretendidos errores de cálculo nos costes laborais do contrato que sinalaba a demanda.

En canto á alegación relativa ás pagas extraordinarias e á insuficiencia do número de traballadores para prestar a axeitada cobertura ós centros recollidos polo contrato, a sentencia sinala que “la empresa que resultó adjudicataria no sólo no impugnó los Pliegos en esos aspectos, sino que incluso, rebajó su oferta y ofreció una mejora (ampliación de horarios, que cumplen con la franja horaria del Convenio, realización de inversión al comienzo de la explotación”. No mesmo senso, continúa dicindo que “habiendo estado conforme la UTE que resultó adjudicataria, sólo se puede, concluir que el precio ofertado resultó adecuado y fundamentado económicamente, siendo indiferente, en consecuencia, que la parte actora entienda que era inviable”. Son estes pois datos relevantes e significativos que fan que o xulgado descarte a inviabilidade na que se fundamentaba a pretensión da empresa demandante.

Finalmente, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto por RUTAS SACRAS S.L.U. fronte ó Concello de Monforte e á actual UTE que xestiona o Centro do Viño e outros servizos turísticos do municipio, e impón ó denmandante as costas procesais, ata un máximo de 800€. Contra este recurso cabe interpoñer recurso de apelación.