A Concelleira de Cultura inaugura o Belén que acolle a Casa da Cultura de Monforte este Nadal

Monforte de Lemos, 14 de decembro de 2023. A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, inaugurou o Belén Galego do Concello de Monforte deste Nadal, que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto, xunto ó técnico de cultura, Carlos Rodríguez.

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 10 de xaneiro de 2024.

Trátase dun Belén Galego de 10 m2 con más de 20 figuras de diferentes tamaños, realizadas e pintadas a man e no que se narran diferentes escenas e aparecen personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a camelo e dos pastores, comerciantes, soldados romanos, animais, así como gaiteiros e bailaríns. Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento, e destacan este ano a instalación de casas típicas e pallozas.

A montaxe, ideada por J. Antonio Dávila, ten efectos de luz e de cor que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.

O Executivo do Alcalde, José Tomé Roca, convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, que se inclúe dentro do Programa de Nadal do Concello de Monforte.