O Executivo de José Tomé disfruta do concerto que os monfortinos Doc Magoo’s celebraron na rúa Cardeal

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu na noite de hoxe ó concerto do grupo monfortino Doc Magoo’s, que tivo lugar dende as 8 da tarde na rúa Cardeal.

No concerto, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, e Consumo, Guillermo Díaz.

Estes concertos de Nadal de grupos monfortinos na rúa Cardeal foron unha novidade incorporada o pasado ano polo Concello á súa programación de Nadal, e tiveron unha grande aceptación e éxito de público, polo que este ano o Equipo de Goberno decidiu volver a celebralos.

Estes concertos son ademais o colofón do Mercado de Nadal da Praza de Abastos, que se celebrou esta fin de semana, e terá continuidade o venres 29 e sábado 30. Deste xeito, o vindeiro sábado 30 actuarán, tamén ás 8 da tarde na rúa do Cardeal, os monfortinos Malenne.